Cefditoren é un antibiótico beta-lactámico pertencente á terceira xeración de cefalosporinas. Está formulado coma cefditoren-pivoxilo. Na parede intestinal, esta molécula é hidrolizada en cefditoren e pivolato, que se elimina por vía renal en forma de pivolato de carnitina.
Foi comercializado baixo os nomes de Meiact e Spectracef.
Espectro de acción Cefditoren presenta actividade fronte microorganismos grampositivos (Staphylococcus aureus, Streptococcus pneumoniae e Streptococcus pyogenes) e gramnegativas (Haemophilus influenzae, Haemophilus parainfluenzae e Moraxella catarrhalis. Tamén presenta actividade, aínda que máis discreta fronte a Neisseria e diversos tipos de enterobacteriáceas (Shigella, Serratia, Citrobacter e Enterobacter). Non ten actividade fronte a Enterococcus, Pseudomonas aeruginosa nin Bacteroides.
Dosificación A dose estándar é de 200 ou 400 miligramos cada 12 horas. Soamente existe formulación oral. A dose debe ser axustada en poboación pediátrica e insuficiencia renal.
Embarazo e lactación Cefditoren está catalogado coma categoría B da FDA. Poden detectarse trazas de cefditoreno no leite materno en mulleres que reciben o medicamento polo que se debe ser prudente no seu emprego.
Interaccións con outros fármacos Non debe ser administrado en pacientes con déficit primario de carnitina nin aos alérxicos ás proteínas do leite, por que a formulación contén caseinato sódico. A administración conxunta con inhibidor da bomba de protóns ou antiácidos reduce a absorción gástrica.
Efectos secundarios Están descritas molestias gastrointestinais, fundamentalmente diarrea. Tamén cefalea, eosinofilia, elevación de transaminases e vaxinite por Candida.
Notas
Categoría:Antibióticos