Voz Audiovisual, é unha sociedade anónima constituída pola Corporación Voz de Galicia o 13 de decembro de 1996 co obxectivo de dedicarse á produción audiovisual e de vídeo,Voz Audiovisual S A . En Gía Empresas. Universia. Consultada o 14 de setembro de 2018. coa intención de introducise no mercado audiovisual galego, nacional e internacional.

A súa sede está na rúa Gambrinus, nº 97, no Polígono industrial A Grela - Bens, A Coruña.

Clasificación na lista de actividades económicas CNAE 2009 Voz Audiovisual está clasificada dentro da lista de actividades do organismo estatal Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE 2009) como: 5915: Actividades de produción cinematográfica e de vídeo. 591: Actividades cinematográficas, de vídeo e de programas de televisión. 59: Actividades cinematográficas, de vídeo e de programas de televisión, gravación de son e edición musical.

Datos de persoal e económicos A empresa ten un tamaño por empregados situado no grupo de "entre 50 e 250", entre os que figuran 12 administradores ou directivos. De entre os balances dispoñíbeis, o último depositouse no rexistro mercantil en 2017. As vendas apuntadas no balance están no grupo de "entre 6 e 30 millóns de euros".

Evolución de empregados 2013 2014 2015 2016 2017Fixos37,14 %39,06 %33,48 %26,41 %34,04 %Eventuais62,85 %60,93 %66,21 %73,58 %65,95 %

Evolución de vendas 2015 2016 2017Variación—149,71 %- 10,04 %

Equipo de dirección O equipo de dirección de Voz Audiovisual está formado por:Páxina web de Voz Audiovisual. Consultada o 14 de setembro de 2018. Administrador único: La Voz de Galicia S.A. Apoderado: Santiago Pérez Otero Directora: Fernanda Tabarés Directora de Produción: Paula Fernández González Director de Desenvolvemento: Alberto Guntín Araújo Director Técnico: Anxo Noya Castro Xefa de Produción / Servizos a empresas: Raquel Diz Infante Financeiro: Cristina García Beceiro

Algunhas producións Series de televisión A empresa especializouse na creación de series de televisión, programas de entretemento, telefilmes, longametraxes e documentais.

Entre as súas producións destacan: Emitidas pola TVG Mareas vivas (que foi a primeira) Matalobos Padre CasaresTerra de MirandaAs leis de CelavellaA vida por dianteChapa e pinturaA miña sogra e mais euSerramouraO final do camiñoUrxencia ceroViradeiraCómpre sinalar que a serie Padre Casares foi adaptada e transmitida por outras canles autonómicas: como Canal Sur, TV3, ETB, e outras.Canal Sur, TV3 y ETB han mostrado interés por 'Padre Casares', la comedia sobre un joven cura recién salido del seminario que supera en audiencia a 'CSI' en Galicia. En elconfidencialdigital.com A IB3 das Baleares realizou unha adaptación en mallorquín, Mossèn Capellà, o Canal Sur andaluz emitiuna dobrada ao castelán, co título Padre Medina, e o Canal 9 en valencián, como Senyor retor; dúas canles máis, Telemadrid e Castilla-La Mancha Televisión, emitírona dobrada ao castelán,Canal Nou arrasa con su adaptación de «Padre Casares». La Voz de Galicia, 18/03/2011. Consultada o 14 de setembro de 2018.Padre Casares en Wikiband. Consultada o 14 de setembro de 2018.

Así mesmo, que Serramoura pode verse en Rusia, dobrada ao ruso, desde o 25 de outubro de 2016 a través das canles de AXN SciFi (nome comercial co que opera a plataforma de televisión da multinacional Sony na Federación Rusa), que conta alí con 43 plataformas de difusión para todo o territorio. A serie emitirase na Federación Rusa baixo o título Черный лес (Cherniy les, tradución do título en inglés baixo o que se comercializa internacionalmente Serramoura (Black Forest, 'Bosque negro') a través da compañía de distribución Imagina International Sales, que xa avanza na negociación de novas vendas desta produción de Voz Audiovisual para TVG.«Serramoura» se podrá ver en Rusia. La Voz de Galicia, 08/10/2016. Consultada o 14 de setembro de 2018.

Emitidas por outras canlesDesaparecida, coproducida polo Grupo Ganga e emitida por TVE, e a súa secuelaUCO: Unidad Central Operativa, coproducida polo Grupo Ganga e emitida por TVENada es para siempre, emitida por Antena 3Néboa, emitida por TVE.

Documentais Vida nas mareasCamiño de SantiagoHumedales del noroeste de EspañaO mundo de Celavella Programas de humor e entretemento A terra dos prodixiosSon de estrelasCon perdónPerdelo todoAs favoritasMundo verbenaSon de veránBuscando estrelas Telefilmes La rosa de AlejandríaCita mortal en Up and Down Los mares del Sur (as tres, telefilmes da serie Pepe Carvalho)Vacas, porcos e zapatos de tacón Participación na produción de filmes Se buscan fulmontis A lingua das bolboretasO menor dos malesDe baresCatalina Teatro Gaivotas subterráneas'', de Alfonso Vallejo, con Luís Iglesia e Xabier Deive.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Páxina web de Voz Audiovisual

Categoría:Audiovisual galego Categoría:Empresas de Galicia Categoría:Grupo Voz