Chiquinquira é un concello colombiano, capital da provincia de Occidente no departamento de Boyacá, que se atopa no val do río Suárez, a 134 km ó norte de Bogotá e a 73 km de Tunja, a capital do departamento. Con 65 274 habitantes é o cuarto concello máis poboado do departamento, despois de Tunja, Duitama e Sogamoso (que superan os 100 000 habitantes). É o centro económico e comercial da rexión occidentel do departamento de Boyacá, á que prové de materiais, alimentos elaborados, roupa, téxtiles e produtos agroveterinarios. É a sede da Basílica da Virxe de Chiquinquirá pertencente á Igrexa católica, que visitou o Papa Xoán Paulo II en 1986. É un destino turístico do centro do país, pois moitos visitantes e peregrinos chegan á cidade para visitar, entre outros, a basílica e a imaxe da Virxe María exhibida no seu interior.
Toponimia Etimoloxicamente o seu nome pode provir da verba muisca Xequenquirá, que significaba «lugar pantanoso e cuberto de néboas» ou tamén «vila sacerdotal» polas cerimonias que tiñan lugar na Illa da lagoa de Fúquene, onde se facían ofrendas ós deuses muiscas.
Xeografía O concello de Chiquinquirá forma parte do territorio coñecido como altiplano Cundiboyacense e da conca do río Suárez na cordilleira oriental. A maior parte do territorio é unha chaira aluvial propicia para as actividades agrícolas e gandeiras na periferia do concello atópanse algúns terreos elevados como os Arrayanes, a Bromadora, a Boca de Monte e o Boquerón de la Palestina.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Concellos de Boyacá Categoría:Confederación muisca