Marián Andrej Pacák, nado o 24 de abril de 1973 en Levoča (Checoslovaquia, hoxe Eslovaquia) é un relixioso greco-católico eslovaco, dende 2018 bispo de Santos Cirilo e Metodio de Toronto.

Traxectoria Naceu nunha familia de greco-católicos da rexión de Prešov, en Eslovaquia oriental. Logo de completar a súa educación, se uniu á Congregación do Santísimo Redentor o 16 de agosto de 1991. Na congregación fixo os votos solemnes o 16 de agosto de 1997, e foi ordenado sacerdote o 12 de xullo de 1998 por Milan Chautur, logo de completar os estudos de Filosofía e Teoloxía no Seminario Teolóxico Redentorista de Tuchów e na Pontificia Universidade San Xoán Paulo II en Cracovia.

Logo da súa ordenación exerceu de párroco en Stará Ľubovňa entre 1998 e 2001, e entre 2008 e 2015, e tamén en Michalovce entre 2004 e 2008. Entre 2001 e 2004 licenciouse en Teoloxía moral na Academia Afonsina de Roma. Dende 2015 até 2018 foi párroco en Vranov nad Topľou.

O 5 de xullo de 2018 foi nomeado bispo dos Santos Cirilo e Metodio de Toronto polo papa Francisco. Recibiu a consagración episcopal de mans do metropolita Ján Babjak o 2 de setembro do mesmo ano, e tivo como co-consagrantes principais ao bispo de Košice Milan Chautur e ao bispo de Bratislava Peter Rusnak.

Notas

Categoría:Nados en Eslovaquia Categoría:Nados en 1973 Categoría:Relixiosos católicos de Eslovaquia Categoría:Redentoristas Categoría:Bispos da Igrexa católica bizantina eslovaca Categoría:Bispos católicos de Eslovaquia Categoría:Bispos católicos do Canadá Categoría:Bispos católicos do século XXI