O cornizó (Claviceps purpurea) é un fungo do grupo dos ascomicetos que parasita diversos cereais, especialmente o centeo. Aparece adherido ás espigas coa forma dunha excrecencia alongada de 1 a 5 cm e de cor negra ou púrpura, unha ou dúas por espiga infectada. Tamén recibe os nomes de caruncho, cornecello, cornello, cornicelo, cornilló, cornizolo, dente de can, dentón, gornicelo ou gran de corvo Nomes tomados do Diccionario de diccionarios. Corpus lexicográfico da lingua galega.. A denominación "caruncho" dáselle tamén a outro fungo distinto, o que ataca o millo, o Ustilago zeae.
O fungo segrega diversas substancias bioquímicas, das que caben destacar o ácido lisérxico e os seus alcaloides derivados: ergotamina, ergocristina, ergocriptina e ergometrina, de acción farmacolóxica diversa e combinada (vasoconstritora, psicoactiva etc.).
Distribución O cornizó é de distribución ubicua, pero, no caso de España, parece ser especialmente abundante en Galicia (tamén en Asturias e norte de Portugal). O farmacéutico catalán Pius Font i Quer fíxoo notar sen lugar a dúbidas:
De feito, ata mediados do século pasado era habitual recollelo nos campos de pan para vendelo nas feiras ou gardalo na casa entre outros remedios caseiros; hoxe é moi escaso porque tamén o é o propio centeo. Neira Vilas cóntao así, cando describe as actividades de Balbino en Memorias dun neno labrego:
Eladio Rodríguez recolleu este refrán: Chuvia na semana da Ascensión, cría nos trigos mourón.
Uso medicinal
Tradicionalmente usouse o cornizó polas súas propiedades oxitócicas e vasoconstritoras, por exemplo para acelerar os partos lentos ou para coutar as hemorraxias posparto; mesmo, noutras ocasións, como abortivo. En calquera caso, o seu uso en mans inexpertas é moi perigoso. Noutra liña terapéutica, tamén se usou como fonte de LSD, droga alucinóxena.
Intoxicación miniatura|Estromas do fungo.
Desde a Idade Media coñécese a intoxicación por consumo de pan elaborado co cereal contaminado con cornello. Esta intoxicación, que cursaba de forma epidémica, coñécese hoxe como ergotismo e, na antigüidade, como lume sagrado ou lume de santo Antonio. Precisamente, na illa de Santo Antón (A Coruña) houbo ata o século XVI un lazareto para acoller estes enfermos, do que só queda a capela:
A intoxicación cursaba dunha forma gangrenosa (con forte proído e ardentía nas extremidades, que chegaba á necrose e perda de dedos, mans ou pés) ou de forma convulsiva (con violentas e dolorosas convulsións musculares e alteracións psíquicas).
A relación entre esta intoxicación e o cornello do centeo foi establecida por vez primeira polo médico francés Thuillier, en 1670, ao descartar unha orixe infecciosa, xa que afectaba principalmente aos campesiños máis pobres (que comían máis pan centeo e aproveitaban absolutamente todo o gran, san ou enfermo) e non resultaba contaxiosa: unha persoa podía morrer intoxicada e os seus familiares, que convivían con el, non mostrar síntoma ningún. Finalmente, comprobou que aqueles anos nos que os campos estaban especialmente infestados, a epidemia era moito máis virulenta, así como que os labregos coas leiras máis inzadas, enfermaban sempre con máis intensidade.
Séculos despois, o experto en fungos Louis-René Tulasne, tamén francés, demostrou que a orixe do cornizó era un fungo que medraba no cereal.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Dentón (peixe)
Bibliografía
Ligazóns externas Claviceps purpurea, cornezuelo del centeno
Categoría:Ascomicetos Categoría:Cereais Categoría:Fitopatoloxía