Egilmar II, tamén coñecido como Elimar, fl. 1108 e finado en 1142, foi un conde de Oldemburgo. Era o fillo de Egilmar I, conde de Aldenbuch e a súa esposa Riquilda de Ditmarschen. Estendeu os seus territorios até Frisia.

É un antepasado directo, por liña materna, do rei Filipe VI de España e, por liña masculina, de Filipe de Edimburgo e por tanto, do príncipe Carlos de Gales, herdeiro da coroa británica.

Matrimonio e descendencia Egilmar casou antes de 1102 con Eilika de Werl-Rietberg, filla de Henrique, conde de Rietberg. Levou o título de conde titular de Werle-Rietberg grazas ao seu matrimonio. Coñécense cinco fillos desta unión: Henrique I (c. 1122 – 1167), conde de Oldemburgo, conde de Bruchhausen, conde de Wildeshausen; Cristián o Pendenciero (c. 1123 - 1167), conde de Oldemburgo; Beatriz (c. 1124 – antes de 1184), casou en 1150 con Federico de Ampfurt; Eilika de Oldemburgo (c. 1126 - ) casou con Henrique I, conde de Tecklemburgo; Otón (h. 1130 – ).

Notas

Véxase tamén Bibliografía .

Categoría:Finados en 1142 Categoría:Nados no século XII Categoría:Condes de Oldemburgo