miniatura|Catálogo Scott de 1868 Un catálogo de selos é un catálogo que compila emisións de selos postais. Aínda que basicamente é unha lista ordenada e numerada de descricións e prezos de selos, na práctica un catálogo é un elemento esencial do coleccionismo de selos.
Xeralmente séguese a cronoloxía das emisións, numerándose correlativamente os selos de cada serie segundo a orde crecente do seu valor facial.
O catálogo sérvelle ó coleccionista para controlar os selos que lle falta, a orientación dos prezos, o número de referencia para comprar, vender e intercambiar. Pero non hai que esquecer que o prezo de catálogo é orientativo, o prezo real pode variar e de feito xeralmente varía grandemente xa que o valor indicado polos catálogos fan referencia a selos en bo estado que se corresponde co prezo de venda polo miúdo dos comerciantes, do que se deduce que o prezo de compra é menor Historia
Orixinalmente os catálogos eran listas de prezos de comerciantes ós que co paso do tempo se lles foi engadindo informacións sobre as emisións. Aínda hoxe os catálogos seguen a ser publicados por comerciantes filatélicos ou firmas agrupadas ou asociacións deles.
O primeiro catálogo de selos apareceu en Francia o 21 de decembro de 1861 editado por Alfred Potiquet, o que seguiu un par de meses despois o catálogo de Jean Baptiste Moëns en Bruxelas. Nese ano de 1862 apareceu tamén o primeiro catálogo con emisións de todo o mundo publicado por Berger Lebrault. O primeiro catálogo de selos españois que se publicou en España data de 1870 publicado por Esteban Argilés en Zaragoza. O primeiro catálogo portugués é de 1894 publicado por Faustino António Martins.
Catálogos Existen diferentes tipos de catálogos: Catálogos Xerais, *salientan todas as emisións aparecidas en todo o mundo desde 1840. Son moi poucos os catálogos xerais. Yvert et Tellier, francés e historicamente o máis utilizado na Europa occidental. Stanley Gibbons, británico, o máis utilizado no Reino Unido e Irlanda. Michel, alemán, o máis utilizado en Alemaña e na Europa central e nórdica. Scott, norteamericano, domina o mercado norteamericano e é tamén o máis empregado en toda América. Catálogos por países, *salientan as emisións aparecidas nun ou varios países. Moitos adoitan ter dúas edicións, a normal e a especializada que inclúe variedades, erros, diferentes dentados, prezo en solto, parella ou grupos de catro, sobre carta etc. Australia: The Australasian Stamp Catalogue e The Australian Commonwealth Specialists' Catalogue Austria: ANK Bélxica: Catalogue Officiel de Timbres Poste Canadá: Darnell China: Ma Corea do Sur: Korean Postage Stamp Catalog Dinamarca: AFA España: Anfil, Edifil e Filabo Filipinas: ABdA Finlandia: LAPE Francia: Cérès e Dallay Grecia: Vlastos Hong Kong: Yang Israel: Bale Italia: Bolaffi e Unificato Luxemburgo: Prifix Nova Zelandia: ACS Países Baixos: NVPH Portugal: Afinsa (acusado por medios filatélicos portugueses de inflar os prezos o que se viu avalado polas recentes actuacións da xustiza española) Suecia: Facit Suíza: SBK e Zumstein Xapón: JSDA e Sakura Catálogos Temáticos, *salientan todos os selos dun tema determinado. Os catálogos temáticos máis coñecidos son os de Domfil con catálogos temáticos que van dende os automóbiles ata o xadrez
Categoría:Filatelia Categoría:Catálogos