A Ferrería, tamén coñecido como A Ferrería do Incio, é un lugar da parroquia de Trascastro no concello do Incio, na comarca de Sarria.
Atópase a 653 metros de altitude nun val no que conflúen o rego do Lameiro co río Antiga. Segundo o IGE a súa poboación no ano 2017 era de 32 persoas (19 mulleres e 13 homes).
Balneario A abundancia de ferro e a súa extracción na zona propiciou a apertura dunha gran ferrería que lle deu nome á localidade. Ese mesmo ferro, xunto ao desnivel dos vales, propicia que as augas filtradas polas montañas teñan un alto contido en ferro. Hai constancia deste manancial desde o século XVI, cando pertencía á Orde de San Xoán de Xerusalén.Campomanes.
En 1892, en pleno auxe do termalismo en Galicia, A Ferrería foi elixida para a construción do Gran Balneario por iniciativa de Álvaro de Figueroa Torres-Mendieta. El mesmo habilitou un pazo da súa propiedade, do que se ten constancia desde 1630, e que conta ten apela barroca. Con todo, tras a guerra civil, como a maioría de balnearios galegos, pasou á ruína e ao abandono.
A finais do século XX empezou a reconstruírse o edificio. Con todo, unha mala xestión das obras propiciou a súa paralización en 2005.Galicia Máxica. Balneario de Ferrería do Incio
Lugares e parroquias Lugares de Trascastro
Parroquias do Incio
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares do Incio
Categoría:Lugares do Incio