O 29 de outubro é o 302º día do ano do calendario gregoriano (303º nos anos bisestos). Quedan 63 días para finalizar o ano.
Acontecementos miniatura|200px|Cruz Vermella -539: Ciro II de Persia entra en Babilonia. 1507: O almirante Diego Colón é nomeado gobernador das Indias por Fernando o Católico. 1675: Leibniz utiliza por vez primeira o s longo, ∫, para simbolizar a integral matemática. 1787: no Teatro Estatal de Praga, Mozart estrea a ópera Don Giovanni. 1863: Fundación da Cruz Vermella. 1876: Fúndase en Madrid a Institución Libre de Enseñanza. 1876: Publícase en O Tio Marcos d'a Portela o primeiro anuncio en galego, foi das máquinas de coser Singer. 1929: Martes negro da Bolsa dos Estados Unidos, que dá lugar á Gran Depresión 1933: Fundación da Falange Española por parte de José Antonio Primo de Rivera. 1937: Son asasinadas en Mosteiro de Ribeira (Xinzo de Limia) María del Valle Lozano e Salud Torres Díaz. 1977: Abre as súas portas por primeira vez o Museo do Pobo Galego. 2004: Os xefes de Estado da Unión Europea asinan un tratado que estabelece unha Constitución para Europa que deberá ser ratificada por cada estado membro antes de entrar a ser aplicada.
Nacementos miniatura|100px|Richard Dreyfuss miniatura|100px|Winona Ryder miniatura|100px|Amarna Miller 1507 - Fernando Álvarez de Toledo, duque de Alba, militar e político español. 1897 - Joseph Goebbels, político, xornalista e escritor alemán (m. 1945). 1906 - Fredric Brown, escritor norteamericano (m. 1972). 1932 - Xesús Mato, crego e musicólogo galego (m. 2024). 1935 - Isao Takahata, director de cine xaponés. 1938 - Ralph Bakshi, cineasta e animador estadounidense. 1945 - Carlos Varela Veiga, cineasta galego (m. 1980). 1947 - Richard Dreyfuss, actor estadounidense. 1958 - Stefan Dennis, actor australiano. 1971 - Winona Ryder, actriz estadounidense. 1990 - Amarna Miller, actriz española.
Mortes miniatura|100px|Joseph Pulitzer 1911 - Joseph Pulitzer, editor estadounidense (n. 1847). 1932 - Reveriano Soutullo, compositor musical galego. 1936 - Ramiro de Maeztu, escritor español asasinado polo bando republicano na guerra civil. 1945 - Xosé Arcos Moldes, perito mercantil e xornalista galego (n. 1863). 1957 - Louis B. Mayer, produtor cinematográfico estadounidense. 1981 - Georges Brassens, cantautor francés (n. 1921). 1996 - Maximino Romero de Lema, bispo galego (n. 1911). 2010 - Marcelino Camacho, sindicalista e político español (n. 1918). 2016 - Fermín Bouza Álvarez, sociólogo e escritor galego (n. 1946). 2018 - Gustavo Pernas, dramaturgo, actor e director teatral galego (n. 1959). 2020 - Xosé Manuel Millán Otero, escritor e político galego (n. 1964).
Festas e celebracións Día Mundial do Ictus Día Mundial da Psoríase e da Artrite Psoriásica
Outros Santoral: Santa Ermelinda, virxe; San Fidel, mártir; San Feliciano, mártir; San Maximiliano, bispo; San Narciso de Xerusalén, bispo.
Notas
Os 366 días do ano
Categoría:Outubro