dereita|miniatura|Iria Pinheiro na obra "Miss Docet" no Teatro Principal de Pontevedra. Iria Pinheiro, nada en Ourense en 1978, é unha actriz, cantante, cabareteira, presentadora de televisión, guionista, compositora e videocreadora galega.

Traxectoria En 2018, estreou Anatomía dunha serea coescrita con María Lado sobre a violencia obstétrica. En 2019 colaborou na publicación dixital Vinte con María Lado e Lucía Aldao na sección Ti fai o que eu che diga.

En 2025, estreou a obra Vitória, unha peza autobiográfica onde se trata o acoso sexual na industria televisiva a partir do proceso xudicial vivido por ela mesma.

Obra

De bares (Mario Iglesias, 2006; longametraxe) Freud & Co (curtametraxe) Serramoura (serie) Hai que botalos (2005; documental) Anatomía dunha serea (2018; teatro). Producida pola compañía Chévere dentro do proxecto Berberecheira. Miss Docet (2022, teatro) Vitória (2025, teatro)

Recoñecemento XVIII Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva 2019: Premio María Casares á mellor actriz protagonista e ao mellor texto orixinal por Anatomía dunha serea

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista de Montse Dopico en Praza Pública Artigo de Llerena Perozo Porteiro en AAAG

Categoría:Actores de Ourense Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados en Ourense