Procapra é un xénero de mamíferos artiodáctilos da familia dos bóvidos, subfamilia dos antilopinos.Procapra no MSW.Procapra Hodgson, 1846 no ITIS.

O xénero integra tres especies de gacelas propias das estepas e os desertos da Asia central.Myers, P., R. Espinosa, C. S. Parr, T. Jones, G. S. Hammond e T. A. Dewey (2008): The Animal Diversity Web (online). Consutado o 18 de outubro de 2018 na ADW.

Taxonomía Descrición O xénero foi creado polo naturalista e etnólogo británico Brian Houghton Hodgson, que viviu moitos anos na India británica, onde foi funcionario público (resident) e, de 1820 a 1843, no Nepal, tempo durante o cal escribiu e publicou extensamente sobre cultura, relixión, historia natural, arquitectura, etnografía e lingüística do país nepalés.Whelpton, John (2004): "Hodgson, Brian Houghton (1801?–1894)" no Oxford Dictionary of National Biography Oxford, UK: Oxford University Press.Waterhouse, David, ed. (2004): The Origins of Himalayan Studies. Brian Houghton Hodgson in Nepal and Darjeeling 1820-1858. Abingdon, Reino Unido: Routledge. ISBN 978-0-4156-5058-8. nun traballo publicado en J. Asiat. Soc. Bengal, 15: 334.Groves, C. P. (1967): On the gazelles of the genus Procapra Hodgson, 1846. Z. Saugetierk. Consultado o 18 de outubro de 2018 PDF

Etimoloxía O nome científico Procapra está formado polos elementos pro-, derivado da preposición latina pro, que significa, entre outras cousas, 'diante de', e -capra, do substantivo latino capra, 'cabra'. Literalmete, 'antecesor das cabras'.

Sinónimo O xénero, ademais do nome que lle adxudicou Hodgson, e actualmente válido, tamén se coñeceu polo sinónimo: Prodorcas Pocock, 1918.Procapra en Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Volume I. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0, páx. 667.Malcolm C. McKenna & ‎Susan K. Bell (1997): Classification of Mammals: Above the Species Level. New York, NY, USA: Columbia University Press. ISBN 0-2311-1013-8, páx. 437.Prodorcas Pocock, 1918 en Interim Register of Marina and Nonmarine Genera (IRMNG).

Espacecies e subespecies A totalidade dos autores coinciden en recoñecer no xénero tres especies, coas subespecies que se indican a continuación: Xénero Procarpa Hodgson, 1846 Especie Procapra gutturosa (Pallas, 1777) Especie Procapra picticaudata Hodgson, 1846 Especie Procapra przewalskii (Büchner, 1891) Procapra przewalskii diversicornis (Stroganov, 1949) Procapra przewalskii przewalskii (Büchner, 1891)

Paleontoloxía e evolución Os fósiles máis antigos pertencencentes ao xénero Procapra datan do plioceno tardío ou do plistoceno temperán de Asia central, época na que o seu clima era máis húmido e cálido que agora. O xénero, segundo parece, evolucionou a partir de animaies similares a Gazella sinensis, unha gacela do plioceno, e sábese que estes animais foron cazados polos primeiros humanos do neolítico na zona do lago Qinghai, na actual provincia chinesa de Qinghai.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Groves, C. & Grubb, P. (2011): Ungulate Taxonomy. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0093-8. Groves, C. P. et al. (2011): "Family Bovidae (Hollow-horned rumiants)". In: Wilson, D. E. & Mittermeier, R. A. eds (2011): Handbook of the Mammals of the World. Volume II. Hoofed Mammals. Barcelona: Lynx edicions. ISBN 978-84-96553-77-4. Wilson, D. E., & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.

Outros artigos Bóvidos Antílopes Antilopinos Antilopininos

Ligazóns externas Procapra. Mongolian gazelle, Przewalski's gazelle, and Tibetan gazelle na ADW. Procapra na EOL. Procapra no NCBI.

Categoría:Antílopes