A catedral de Santo Isaac o Sirio e San Xurxo é unha igrexa ortodoxa baixo o patriarcado de Xerusalén, actualmente en construción, localizada na capital de Qatar, Doha. Historia Os terreos onde está a igrexa foron doados polo emir Hamad bin Khalifa. A construción comezou en 2009, e está previsto que remate en 2018. A catedral dará servizo aos arredor de 12.000 fieis ortodoxos que viven en Qatar. Está previsto que a nave principal do templo teña capacidade para 700 persoas.
O templo é a sé da arquidiocese de Qatar, parte da Igrexa ortodoxa de Xerusalén, aínda que a xurisdición sobre o país asiático é discutida pola Igrexa ortodoxa de Antioquía. O 13 de decembro de 2013 Makarios Mavrogiannakis foi consagrado como arcebispo de Qatar.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina en Facebook da catedral
Categoría:Igrexas de Qatar