Linda Guilala é unha banda galega de shoegaze procedente de Vigo. O grupo formouse no ano 2005 e no presente está composto por Iván González (batería), Eva M. López (teclados e voz) e Mari Vázquez (guitarra). Ata a data Linda Guilala leva publicados dous álbums de estudio e dous EPs.

Historia Linda Guilala naceu no ano 2005 tras a separación da banda de Ponferrada Juniper Moon, na que tocaban o leonés Iván González (batería) e a ourensana Eva M. López (teclados). No ano 2006 publicaron a súa primeira maqueta coa axuda do baixista arxentino Ignacio Espumado, con quen comparten os arquivos a través de Internet. Este traballo foi escollido segunda mellor maqueta do ano no programa de Radio 3 Disco Grande.

O seu primeiro álbum, Bucles infinitos, chegou en 2009 editado a través de Elefant Records. O disco foi gravado no seu estudio de Vigo coa axuda de Alejandro Davila e Pancho Suárez de Lis. Na súa xira de presentación tocaron no festival inglés Indietracks e no Primavera Sound de Barcelona. Nesa época actuaban como dúo, encargándose Eva dos teclados e Iván da guitarra, acompañados de sons pregravados.

En 2011 lanzaron o EP de catro temas Paranormal, tamén a través de Elefant. O traballo foi gravado no seu estudio de Vigo, Kaiju Studios. Nesa época entrou na banda Alba para as súas actuacións ao vivo, tocando o baixo e a guitarra.

Durante un tempo a banda, principalmente Eva, dedicouse a producir no seu estudio a grupos como Axolotes Mexicanos, When Nalda Became Punk e Los Bonsáis, ademais de tocar con Apenino. En 2014 publicaron un novo EP de seis cancións, Xeristar (Elefant), co apoio de Bruno Mosquera (The Blows, The Cobras) nas guitarras. Mosquera deixou a banda debido a diferenzas sobre a forma de levar o proxecto.

O seu segundo álbum, Psiconáutica, apareceu o 10 de xuño 2016 da man de Elefant Records. Para os seus directos Linda Guilala fichou á guitarrista pontevedresa Mari Vázquez.

Discografía Álbum Ano Selo Notas Bucles infinitos 2009 Elefant Records Paranormal 2011 Elefant Records EP Xeristar 2014 Elefant Records EP Psiconáutica 2016 Elefant Records Espacio de Tiempo (2009-2019)2019Elefant RecordsComp.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Bandcamp da banda

Categoría:Grupos musicais de Vigo Categoría:Grupos musicais de shoegazing Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de noise pop Categoría:Grupos musicais formados en 2005