Larvivora é un xénero de pequenas aves paseriformes da familia Muscicapidae, que viven en Asia central e oriental.

As seis especies que forman este xénero estaban anteriormente situadas noutros xéneros. Un amplo estudo de filoxenética molecular publicado en 2010 atopou que os xéneros Luscinia (reiseñores e papoazuis) e Erithacus (paporroibos) tal como os definira Edward C. Dickinson en 2003 non eran monofiléticos. O xénero Larvivora coa súa especie tipo Larvivora cyane creárase no século XIX pero fora abandonado, pero foi rehabilitado para acomodar un novo clado ben definido. Aínda que o Larvivora ruficeps non foi incluído no estudo filoxenético, foi movido tamén ao xénero resucitado, xa que é similar en estrutura, canto e comportamento ao Larvivora brunnea e ao Larvivora cyane.

O xénero Larvivora fora introducido polo naturalista británico Brian Houghton Hodgson en 1837. Larvivora significa en latín 'comedor de larvas'.

O xénero inclúe as seguintes especies: Larvivora brunnea (antes en Luscinia) Larvivora cyane (antes en Luscinia) Larvivora sibilans (antes en Luscinia) Larvivora komadori (antes en Erithacus) Larvivora akahige (antes en Erithacus) Larvivora ruficeps (antes en Luscinia)

Notas

Categoría:Muscicápidos