Bigfoot (en ) é un filme estadounidense de 1987 dirixido e producido por William Dear. Está protagonizado por John Lithgow, Melinda Dillon, Don Ameche, David Suchet, Margaret Langrick, Joshua Rudoy, Lainie Kazan e Kevin Peter Hall. Steven Spielberg serviu como produtor exectivo sen acreditar, mentres que Rick Baker foi o encargado da maquillaxe e dos deseños da criatura. É a historia do encontro entre unha familia de Seattle cun pé grande. Está parcialmente inspirado nos numerosos realatos de avistamentos na costa do Pacífico, California e outras partes dos Estados Unidos e o Canadá dende a década de 1960. O filme gañou un Oscar á mellor maquillaxe na 60ª edición dos premios, e inspirou unha serie de televisión homónima.
Estreouse en galego o 2 de xaneiro de 2002 a través da TVG.
Personaxes John Lithgow como George Henderson Melinda Dillon como Nancy Henderson Margaret Langrick como Sarah Henderson Joshua Rudoy como Ernie Henderson Kevin Peter Hall como Harry (no traxe) Rick Baker como Harry (monicreque) Tom Hester como Harry (monicreque) Tim Lawrence como Harry (monicreque) Fred Newman como Harry (voz) Lainie Kazan como Irene Moffat Don Ameche como Dr. Wallace Wrightwood David Suchet como Jacques LaFleur M. Emmet Walsh como George Henderson Sr. William Dear como Sighting Man
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 1987 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por William Dear Categoría:Filmes sobre dereitos dos animais Categoría:Filmes baseados en lendas urbanas Categoría:Filmes rodados no estado de Washington Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes de Amblin Entertainment Categoría:Filmes de 1987 con versión en galego