O Airbus Helicopters H160 (anteriormente X4) é un helicóptero utilitario mediano desenvolvido por Airbus Helicopters. Lanzouse formalmente o día 3 de marzo de 2015 no Heli-Expo en Orlando, Florida coa intención de substituír os modelos AS365 e EC155 na liña de produtos do fabricante. O 13 de xuño de 2015 realizou o seu primeiro voo e agárdase que as primeiras entregas cheguen no ano 2019.
Desenvolvemento O Airbus Helicopters H160 revelouse ao público por vez primeira no ano 2011 e nese momento era coñecido coa designación X4, unha designación que implicaba que era unha continuación do Eurocopter X3, un demostrador tecnolóxico dun helicóptero híbrido de alta velocidade. A principios de 2011 o xefe de Eurocopter Lutz Bertling declarou que o X4 "cambiaría as regras do xogo", contrastando a importancia das innovacións que contaría co desenvolvemento de Airbus nos controis fly-by-wire. As primeiras características referidas incluían as palas do rotor activas Blue Edge, unha funcionalidade avazada de asistencia ao piloto, e vibración reducida. Tamén se destacou a súa cabina de mando "radicalmente diferente" e anunciouse que o X4 sería introducido en dúas etapas: un modelo provisional en 2017 con algunhas das características avanzadas ausente, e un modelo máis avanzado en 2020.
O custo do programa de desenvolvemento do X4 foi de 1 000 millóns de euros, incluso despois de que varias tecnoloxías de vangarda, como os sistemas de control avanzados, atenuáranse ou fosen eliminadas por ser demasiado arriscadas ou caras. O 3 de marzo de 2015 o X4 foi desvelado formalmente coa designación H160. Foi comercializado como o sucesor do Eurocopter AS365 Dauphin e compite co AgustaWestland AW139, o Sikorsky S-76 e o Bell 412; Guillaume Faury, director de Airbus Helicopters, referiuse ao H160 como "o asasino do AW139". O H160 iniciou a nova convención de nomenclatura de Airbus Helicopter; comezando o 1 de xaneiro de 2016, os helicópteros do mesmo rango terán a designación 'H', ao igual que fai Airbus cos nomes dos seus avións comerciais.
Fíxose unha énfase no uso de técnicas de produción e apoio de Airbus como as usadas para avións avanzados de á fixa como o A350 de pasaxeiros; en consecuencia, fabricáronse un par de plataformas de proba para probar por separado a dinámica e os sistemas e así acelerar o proceso de deseño. O 29 de maio de 2015 revelouse o primeiro prototipo do H160 na instalacións de Airbus Helicopters en Marignane.
Probas de voo O 13 de xuño de 2015 o primeiro prototipo realizou o seu voo de estrea en Marignane. En novembro dese ano a envolvente de voo do prototipo ampliárase progresivamente, chegando a unha altitude máxima de 4 600 metros e a unha velocidade máxima de 324 km/h ata ese momento. O 18 de decembro de 2015 o segundo prototipo, o primeiro H160 equipado con motores Turbomeca Arrano realizou as súas primeiras probas en terra, voando o 27 de xaneiro de 2016 por primeira vez.
En novembro de 2015 anunciouse que a certificación do H160 e a súa entrada en servizo con operadores civís agardábanse para 2018; unha versión militar, designada H160M, agardaba a súa entrada en servizo en 2022. En marzo de 2016 o xefe do programa H160 Bernard Fujarski dixo que se conseguiran case todos os fitos establecidos para 2015, agás polo voo de estrea do segundo prototipo, adiado para xaneiro de 2016, e pola validación da configuración aerodinámica do H160. As probas revelaron a necesidade de recolocar algúns sistemas electrónicos á nariz do helicóptero dende a parte traseira da fuselaxe para axustar o centro de gravidade, mentres que o rotor de cola fenestron superara as expectativas de rendemento.
En 2015 Airbus estimou que había mercado para uns 120-150 aparellos anuais; a compañía pretende aumentar inicialmente o ritmo de produción a uns 50 aparellos por ano. En xullo de 2016 anunciouse que a configuración aeromecánica do helicóptero conxelárase. A fabricación do primeiro H160 de produción agardábase para 2017 e as primeiras entregas para finais de 2018 ou principios de 2019. A new production scheme, drawing inspiration from the automotive industry, is to be implemented in the H160's construction; it is a stated aim for the final assembly lead time of the new rotorcraft to be half of that of the preceding Dauphin.
En marzo de 2017 o ministro de defensa francés, Jean-Yves Le Drian, anunciou en Marignane que o H160 fora seleccionado como base para o seu programa de substitución de helicópteros lixeiros, o hélicoptère interarmées léger (HIL), con entre 160 e 190 requiridos a partir de 2024 para substituír 420 aeronaves: Alouette III, SA 365 Dauphin e AS565 Panther da Armada, AS555 Fennec e SA330 Puma da Forza Aérea; e Puma, SA341/SA342 Gazelle e Fennec do Exército.
En outubro de 2017 os dous primeiros prototipos acadaran as 500 horas de probas de voo e o terceiro realizou o seu voo de estrea ese mesmo mes. En 2018 10 helicópteros de preserie foron montados antes da certificación e das entregas en 2019, e estábase buscando aumentar a produción a 50 aparellos por ano. O primeiro H160 de serie realizou o seu voo de estrea o 14 de decembro de 2018. O seu turboeixo Safran Arrano recibiu a certificación de tipo durante o Paris Air Show de xuño de 2019, antes da aprobación da EASA para o H160 outorgada en xullo de 2020. A certificación da FAA estadounidense tería que esperar ata o ano 2023.
Notas
Categoría:Helicópteros Categoría:Aeronaves de Airbus Helicopters Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 2015