Manuel Lagares Pérez, nado en Betanzos o 29 de agosto de 1947, é un político galego membro do PSdeG e anterior alcalde de Betanzos.
Traxectoria Fillo de Manuel Lagares García e neto de Antonio Lagares Gómez. É profesor de ensino secundario, especializado en matemáticas e en ciencias naturais a través do Instituto de Ciencias da Educación e da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED). miniatura|Placa no Museo das Mariñas.
miniatura|Placa na ponte de Beldoña. En 1983 presentouse na lista do PSdeG-PSOE para o Concello de Betanzos, que encabezaba Antolín Sánchez Presedo. A vitoria electoral, por maioría absoluta, derivou no seu nomeamento coma primeiro tenente de alcalde da corporación municipal, para posteriormente acadar o cargo de alcalde trala dimisión de Sánchez Presedo en 1985.
Presentaríase ás eleccións municipais, xa coma cabeza de lista, nos anos 1987, 1991, 1995, 1999 e 2003, sendo reelixido en todos eles por maioría absoluta agás no 2003, no que tivo que formar goberno en coalición co Bloque Nacionalista Galego. En 2007 segue a perder votos, e ten que abandonar o posto de alcalde logo dun pacto entre o Partido Popular e Cidadáns por Betanzos. En novembro dese ano renuncia á súa acta de concelleiro e retírase da vida política, sendo substituído á fronte da portavocía socialista por Ramón García Vázquez.
Foi presidente da Federación de Concellos Galegos ata a súa fusión coa FEGAMP en 1996, sendo dende entón ata 2007 o seu vicepresidente primeiro. Tamén foi vogal na Federación Española de Municipios e Provincias.
Vida persoal
Casou con María Luz Luces Vázquez e é pai de José, María e Javier Lagares Luces.La Voz de Galicia, A Coruña, 26-7-2006, p. 7.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Betanzos
Ligazóns externas Ficha en galegos.info
Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Betanzos Categoría:Nados en Betanzos Categoría:Nados en 1947 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes