Jesús Eugenio Pérez Pérez, nado na Caniza o 25 de decembro de 1886 e finado en Vigo o 31 de outubro de 1936, foi un mestre e político galego.
Traxectoria Mestre da parroquia das Achas. Militante do PSOE. Na folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido e estivo 15 días preso. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido na Caniza. Trasladado á prisión de Vigo, foi xulgado en consello de guerra por rebelión militar con María Gómez González, Antonio Mojón Vázquez, Tirso Gómez Freijido e Justo Moure Giráldez. Condenado a pena de morte, foi executado, ás 16 horas do 31 de outubro de 1936, nas inmediacións do castelo do Castro.El Pueblo Gallego, 1-11-1936, p. 10.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Cañiza Republicana
Ficha en memoria da Coruña
Categoría:Profesores de Galicia
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados na Caniza Categoría:Nados en 1886 Categoría:Finados en 1936