Rory Gallagher (2 de marzo de 1948, Ballyshannon, Irlanda-14 de xuño de 1995, Londres, Inglaterra) foi un músico, compositor e produtor irlandés de blues rock, rhythm and blues e rock, coñecido mundialmente por ser fundador da banda Taste e pola súa exitosa carreira en solitario.
Debutou como guitarrista profesional aos 15 anos de idade no sexteto Fontana, pero ao pouco tempo retirouse para crear o power trio Taste en 1966. Tras lanzar os discos Taste e On the Boards, disolveu a banda por problemas entre os seus membros e iniciou a súa carreira en solitario en 1971 co disco Rory Gallagher. Durante os anos setenta alcanzou a fama en Europa grazas ás producións Deuce, Blueprint e Tattoo, cargados ao blues rock, pero cos álbums Against the Grain e Calling Card introduciuse en novos e distintos estilos musicais como o jazz, rock e hard rock.
Durante a década do oitenta publicou só tres álbums de estudio, debido aos serios problemas de saúde que derivaron dun excesivo consumo de alcol. Ademais, e a finais do decenio, desenvolveu unha severa aerofobia, contra a cal se lle recetou un forte sedante, cuxa combinación co consumo de alcol danaron de tal forma o seu fígado que tivo que ser sometido a un transplante. Con todo e tras infectarse con estafilococos (SAMR), tras varias semanas de coidados intensivos faleceu en Londres aos 47 anos de idade.
Cos anos foi considerado un dos músicos irlandeses máis influentes da historia e un dos guitarristas de blues rock máis exitosos. Ademais, até o 2013 estimouse que vendera máis de 30 millóns de discos en todo o mundo.
Discografía
Con Taste miniatura|200x200px|O Rory Gallagher corner en Dublín.
1969: Taste 1970: On The Boards 1971: Live Taste 1972: Live at the Isle of Wight 1974: In the Beginning, an early Taste of Rory Gallagher
miniatura|Estatua conmemorativa en Ballyshannon
Carreira en solitario
Álbums de estudio
1971: Rory Gallagher 1971: Deuce 1972: Live in Europe 1973: Blueprint 1973: Tattoo 1974: Irish Tour '74 1975: Against the Grain 1976: Calling Card 1978: Photo-Finish 1979: Top Priority 1980: Stage Struck 1982: Jinx 1987: Defender 1990: Fresh Evidence
Álbums póstumos
1999 - BBC Sessions 2003 - Wheels Within Wheels 2011 - Notes from San Francisco
Recompilatorios
1974 - The Story Xo Far 1975 - In The Beginning 1976 - Take It Easy Baby 1995 - A Blue Day For The Blues 1998 - Etched In Blue 2005 - Big Guns: The Very Best Of Rory Gallagher 2008 - The Essential Rory Gallagher
Vídeos
2000 - Irish Tour 1974 2004 - Live At Rockpalast 2005 - The Complete Rockpalast Collection 2006 - Live at Cork Opera House 2006 - Live In Montreux
Notas
Categoría:Banjistas de Irlanda Categoría:Finados en 1995 Categoría:Multiinstrumentistas Categoría:Nados en 1948 Categoría:Saxofonistas de Irlanda