Grigoris Buniatyan (en ), nado en Ēǰmiaçin (Armenia) o 26 de agosto de 1946 e finado en Khárkiv (Ucraína) o 7 de marzo de 2015, foi un eclesiástico armenio-apostólico, arcebispo de Ucraína.
Traxectoria Primeiros anos Naceu o 26 de agosto de 1946 en Ēǰmiaçin. Completou a súa educación primaria e secundaria na súa vila natal, e en 1960 ingresou no seminario de Ēǰmiaçin. En 1965 foi ordenado diácono, e entre 1966 e 1967 continuou os seus estudos na Academia Teolóxica de Moscova. Á súa volta a Armenia foi secretario da publicación oficial da Santa Sé de Ēǰmiaçin até 1968.
A comezos de 1969 foi asignado á igrexa de San Gregorio o Iluminador de Òrǰonikije. No mesmo ano foi ordenado sacerdote, e posteriormente serviu na comunidade armenia de Rostov do Don. En 1971 marchou a Francia para continuar os seus estudos na Universidade Católica de Lión, servindo na igrexa de Santiago de Lión. Entre 1973 e 1975 realizou o servizo militar no Exército Vermello. Continuou os seus estudos entre 1975 e 1979 na Universidade Católica de París, exercendo o seu ministerio na catedral de San Xoán Bautista. Volveu a Armenia en 1979 e foi nomeado decano do seminario de Ēǰmiaçin durante o curso 1979-1980.
Episcopado En 1981 trasladouse á Arxentina para exercer de párroco da catedral armenia de Buenos Aires, e en 1982 foi elixido primado da diocese da Arxentina. Recibiu a consagración episcopal de mans de Vazgen I en 1983.
En 1990 foi nomeado primado da diocese de Širak. En 1992 inaugurou a Academia Teolóxica de Širak en Gyumri, e foi elevado ao rango de arcebispo. Entre 1998 e 1999 foi administrador da Igrexa en Moldova.
Entre 1999 e 2001 foi vigairo xeral da diocese de Armavir. En 2001 foi nomeado primado da diocese de Ucraína.
Finou no cargo o 7 de marzo de 2015, nunha visita a Khárkiv.
Notas
Categoría:Nados en 1946 Categoría:Nados en Armenia Categoría:Sacerdotes ortodoxos orientais de Rusia Categoría:Sacerdotes ortodoxos orientais de Francia Categoría:Bispos ortodoxos orientais da Arxentina Categoría:Bispos ortodoxos orientais de Armenia Categoría:Bispos ortodoxos orientais de Moldova Categoría:Bispos ortodoxos orientais de Ucraína Categoría:Bispos da Igrexa apostólica armenia Categoría:Bispos ortodoxos orientais do século XX Categoría:Bispos ortodoxos orientais do século XXI Categoría:Finados en 2015 Categoría:Alumnos da Universidade Católica de Lión Categoría:Alumnos do Instituto Católico de París