A bandeira de Xerusalén baséase na bandeira de Israel. Mostra dúas franxas azuis horizontais que lembran o talit (o manto de rezo xudeu). No centro está o emblema de Xerusalén, que consiste nun escudo co León de Xudá sobreposto sobre un fondo estilizado que representa o Muro das Lamentacións, flanqueado a ambos os dous lados con ramas de oliveira. A palabra ירושלים (é dicir, Ierushalaim, nome en hebreo da cidade) aparece encima do escudo. Ás veces utilízase unha variante vertical durante as funcións cerimoniais.

A bandeira adoptouse en 1949 despois dun concurso celebrado polo goberno municipal de Xerusalén. Converteuse na "bandeira dunha Xerusalén unida" despois da Guerra dos Seis Días en 1967.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Emblema de Xerusalén Cruz de Xerusalén Bandeira do Reino de Xerusalén

Categoría:Símbolos de Xerusalén Categoría:Bandeiras de Israel