As tioalcalibacteráceas (Thioalkalibacteraceae) son unha familia de bacterias extremófilas, especificamente halófilas, alcalófilas ou alcalitolerantes, de mesófilas a termófilas obrigadamente quimiolitoautótrofas da orde Chromatiales, que comprende os xéneros Thioalkalibacter e Guyparkeria. Esta familia está estreitamente relacionada coa familia Halothiobacillaceae de autótrofos obrigados mesófilos.

O xénero tipo da familia é Thioalkalibacter, e ambos os xéneros da familia son autótrofos obrigados que fixan o dióxido de carbono en composos biolóxicos usando o ciclo de Calvin-Benson (utilizando a forma IAc da RuBisCO) e oxidan oxianións de xofre, sulfuro e xofre elemental como doantes de electróns. Todos os xéneros usan ubiquinona-8 como principal quinona respiratoria e teñen unha fracción G+C de 54-68 mol%. A diferenza da familia relacionada das Halothiobacillaceae, non presentan intermediarios de politionato detectables da oxidación do xofre, e ademais as Thioalkalibacteracaceae son halófilas obrigadas en vez de halotolerantes, e tamén alcalófilas ou alcalitolerantes, en vez de mesófilas ou acidotolerantes.

Notas

Categoría:Chromatiales