miniatura|225px|dereita|Busto de Septimio Severo en alabastro no Museo Capitolino de Roma. Lucio Septimio Severo (en latín, Lucius Septimius Severus) nado en Leptis Magna (actual Al-Khums, Libia), Tripolitania, na provincia de África, o 11 de abril do 145Birley (2012), p. 17 e finado o 4 de febreiro de 211 en Eboracum (actual York), foi un emperador romano entre o 193 e o 211.Smith (1870), p. 806 De orixe africana, foi o primeiro emperador nado e educado fóra de Roma e Italia,Birley (2012), p. 9 realizou o seu cursus honorum, durante os reinados de Marco Aurelio e Cómodo.
Trala morte do emperador Pertinax, no 193, entrou en guerra durante o Ano dos cinco emperadores, e despois de depor e matar o emperador titular Didio Xuliano, Severo loitou contra os seus rivais, os xenerais romanos Pescenio Níxer e Clodio Albino para se converter no novo emperador. Níxer foi derrotado en 194 na batalla de Issos, en Cilicia. Máis tarde ese mesmo ano, Severo librou unha curta campaña punitiva máis alá da fronteira oriental, anexionando o Reino de Osroena como unha nova provincia. Severo derrotou a Albino tres anos despois na batalla de Lugdunum, na Galia. Trala consolidación do seu dominio sobre as provincias occidentais,
Durante o seu mandato, logrou ampliar as fronteiras do imperio levando a cabo unha guerra breve e máis exitosa no leste contra o Imperio Parto, saqueando a súa capital, Ctesifonte, en 197 e expandindo a fronteira oriental ata o Tigris. Despois ampliou e fortificou o Limes Arabicus en Arabia Petraea. En 202, fixo campaña en África e Mauritania contra os garamantes, capturando a súa capital, Garama, e expandindo o Limes Tripolitanus ao longo da fronteira desértica sur do imperio.
Coa súa segunda esposa, Xulia Domna, Severo tivo dous fillos; o maior, Caracalla, foi proclamado Augusto, ou coemperador, en 198, e o máis novo, Xeta, en 209. Severo viaxou a Britania en 208, fortalecendo a Muralla de Hadrán e reocupando a Muralla de Antonino. En 209, invadiu Caledonia (a actual Escocia) cun exército de 50.000 homes,Elliott (2018), p. 147 pero as súas ambicións víronse truncadas cando morreu dunha enfermidade infecciosa a principios de 211 en Eboracum. Os seus fillos, aconsellados por Xulia Domna, sucedérono, fundando así a dinastía dos Severos, que gobernou o imperio durante uns 47 anos sendo a derradeira dinastía do Imperio Romano antes da crise do século III.
Traxectoria
Familia e primeiros anos Debido aos seus antecedentes familiares, é considerado o primeiro emperador provincial, xa que foi o primeiro emperador non só nacido nas provincias, senón tamén nunha familia provincial de orixe non italiana. Septimio Severo proviña dunha familia rica e distinguida de rango ecuestre. Era fillo de Publio Septimio Xeta e Fulvia Pía.Dessau & Rohden (1898), p. 213Birley (1999), p. 1 Seu pai, Publio Septimio Xeta procedía dunha familia de orixe púnica.Birley (1999), pp. 212–213 Foi descrito como "libio de raza" polo poeta do século XII, Xoán Tzetzes. O pai de Severo, un provincial descoñecido, non tiña ningún status político importante, pero tiña dous primos, Publio Septimio Aper (cónsul sufecto no 153) e Caio Septimio Severo (cónsul no 160), que serviran como cónsules baixo o emperador Antonino Pío (reinado 138–161).
Pola súa nai, descendía dos Fulvios italianos que se mudran de Italia ao norte de África; Pertencían á gens Fulvia, unha familia patricia italiana orixinaria de Tusculum.Adam (1800), p. 182 Septimio Severo tiña dous irmáns: un irmán maior, Publio Septimio Xeta; e unha irmá menor, Septimia Octavilla. A prima materna de Severo era o prefecto do pretorio e cónsul Caio Fulvio Plautiano.Birley (1999), pp. 216–217
Pouco se sabe da educación do mozo Severo pero, segundo Dión Casio, era un home baixo de estatura mais corpulento e taciturno. Medrou en Leptis Magna e era falante nativo de púnico, pero tamén recibiu educación en latín e grego, que falaba cun lixeiro acento o que lle valeu as burlas dos seus contemporáneos. Así e todo, o rapaz estaba ansioso por máis educación da que realmente recibiuBirley (2002), p. 61 e, presumiblemente, recibiu leccións de oratoria: aos 17 anos, pronunciou o seu primeiro discurso públicoBirley (1999), pp. 34–35 o que implicaba o remate da súa formación escolar. Porén, o seu rápido ascenso político reflectiu a prosperidade da que gozaba a provincia de África nese momento e a súa perfecta integración no mundo romano.
Cursus honorum Pouco despois, cara o 162, Severo deixou Leptis para ir a Roma e grazas ao apoio dun seus influentes curmáns, Caio Septimio Severo, que o recomendou o emperador Marco Aurelio (r. 161–180) concedeulle o acceso ás filas senatoriais.Birley (1999), p. 39 A pertenza á orde senatorial era un requisito previo para alcanzar postos dentro do cursus honorum e para entrar no Senado romano. Non obstante, parece que a carreira de Severo durante a década de 160 atopouse con algunhas dificultades.Birley (1999), p. 40 É probable que servise como vigintivir en Roma, supervisando o mantemento das estradas dentro ou preto da cidade, e pode que comparecese no xulgado como avogado. Na época de Marco Aurelio, era o Fiscal do Estado (Advocatus fisci).Smith (1870), p. 117 Non obstante, omitiu o tribunado militar do cursus honorum e tivo que atrasar o seu cargo de cuestor ata que cumprise a idade mínima requirida de 25 anos. Para empeorar as cousas, a peste Antonina arrasou a capital no 166.Birley (1999), p. 45
Coa súa carreira paralizada, Severo decidiu regresar temporalmente a Leptis, onde o clima era máis saudable. Segundo a Historia Augusta, unha fonte xeralmente pouco fiable, foi procesado por adulterio durante este tempo, pero o caso foi finalmente desestimado. A finais de 169, Severo tiña a idade requirida para converterse en cuestor e viaxou de volta a Roma. O 5 de decembro, asumiu o cargo e foi inscrito oficialmente no Senado romano.Birley (1999), p. 46 Entre 170 e 180 as súas actividades pasaron en gran medida desapercibidas, a pesar de que ocupou un número impresionante de postos en rápida sucesión. A peste Antonina reducira as filas senatoriais e, coa escaseza de homes capaces, a carreira de Severo avanzou de forma máis constante do que podería ter feito doutro xeito.Birley (1999), p. 49
Recibiu a cuestura da Bética por sorte e de alí foi a África para resolver os seus asuntos domésticos despois da morte do seu pai; pero mentres estaba en África, os membros das tribos mauri invadiron o sur de Hispania. O control da provincia foi entregado ao emperador, mentres que o Senado obtivo o control temporal de Sardeña como compensación polo que lle foi asignada Sardeña como cuestor en lugar da Bética.Dessau & Rohden (1898), p. 214Birley (1999), p. 50
En 173, o curmán de Severo, Caio Septimio Severo, foi nomeado procónsul da provincia de África Proconsularis e elixiu a Severo como un dos seus dous legati pro praetore, un alto cargo militar.Birley (1999), p. 51 Tras o final deste mandato, Septimio Severo regresou a Roma, asumindo o cargo de tribuno da plebe, un alto cargo lexislativo, coa distinción de ser o candidatus do emperador.Birley (1999), p. 52.
Acceso ao poder Durante o reinado de Cómodo, distinguiuse na súa carreira senatorial e estivo destinado durante un tempo na Galia Lugdunensis, na cuxa capital, Lugdunum (Lión), naceu o seu fillo máis vello. Grazas ao apoio do prefecto da Garda Pretoriana, Aemilius Laetus, obtivo o posto de legado da provincia de Panonia Superior, onde se lle asignou o mando de tres lexións para defender a fronteira.
Fora nomeado cónsul e era gobernador de Panonia e Iliria, cando foi asasinado Pertinax. A entronización de Didio Xuliano creou un grande descontento no seo do exército nas provincias romanas. En Britania, foi nomeado emperador Clodio Albino e nas provincias orientais foi Pescenio Níxer o proclamado. Foi en Carnutum onde Septimio Severo, que engadiu o nome de Pertinax (Lucio Septimio Severo Pertinax) foi nomeado emperador. Como estaba máis achegado a Italia, dirixiu as súas lexións cara a Roma. Fíxose co control da frota ancorada en Rávena e, despois de rexeitar compartir o imperio con Didio Xuliano, chegou a Roma, sendo recoñecido polo Senado como o novo Emperador.
As súas primeiras medidas, foron o de darlle as honras debidas a Pertinax, nome que asociou ao seu para conseguir o apoio do pobo romano. A segunda grande medida foi a de ordenar a disolución das cohortes pretorianas, que foron trocadas por militares das súas lexións e que lle eran completamente fieis. Viaxou cara a Britania para se entrevistar con Clodio Albino e asocialo ao trono, entregándolle Britania, Galia e Hispania. A continuación levou o seu exército cara ao leste, onde Pescenio Níxer non tomara medida ningunha para loitar, senón que fuxía das tropas de Septimio considerando o grande apoio que tiña entre os militares e reis de Oriente. Deste xeito, Septimio chegou a Bizancio esixindo a súa entrega, pero se negaron os seus gobernantes esperando a axuda de Pescenio Níxer e confiando nas súas inexpugnábeis defensas. Deixando asediada a cidade, Septimio continuou cara ao exército sublevado, ao que venceu en Isos, dando morte a Pescenio Níxer no mesmo campo de batalla. Virando sobre as súas costas, o sitio de Bizancio chegou ao seu terceiro ano, e a cidade rendeuse pola fame. Derrubou as murallas e fixo matar a todos os seus gobernantes. Comezaba o que seria un sinal de identidade de Septimio Severo: a crueldade coa que se desfacía dos seus inimigos.
Unha vez resolta a cuestión de Oriente, volveu a Roma e Clodio Albino xa estaba a facer movementos para unha nova guerra, xa que supoñía que Septimio non quedaría sen se mover para volver de novo á unidade do Imperio. O encontro das dúas forzas foi preto da actual Lión, e de novo Septimio Severo foi o vencedor, vitoria que outra vez o levaría a unha matanza entre os partidarios de Clodio e confiscacións dos seus bens.
O 2 de xuño do 197, Septimio entra de novo en Roma, e no seu primeiro discurso promete desenmascarar os senadores partidarios de Clodio Albino, rehabilitar a Cómodo do que se nomea irmán e dar garantías de continuidade á dinastía Severa, asociando ao trono aos seus fillos Xeta e Caracalla. Foron asasinados 41 senadores e os seus bens confiscados. A continuación deu festas ao pobo, aumentoulle a paga aos soldados, permitíndolles vivir coas súas mulleres nos campamentos e nomeou a C. Fulvio Plautiano prefecto dos pretorianos. Logo marchou de novo cara a Oriente para castigar aos partidarios de Pescenio Níxer e reconquistar as terras perdidas. Pacificou a xudeus e samaritanos, o rei de Armenia suplicou a amizade de Roma, conquistou Seléucida, Ctesifonte e Babilonia e firmou a paz cos partos. Con estas vitorias, conseguiu que o seu fillo Xeta fose nomeado César e Caracalla recoñecido como augustus.
Na súa viaxe de volta a Roma, Septimio visitou Siria e máis Exipto, pasando o inverno en Antioquía, reparando as vías de comunicación que unían esta provincia co Danubio. Celebra en Roma os dez anos de goberno. No 203-204 visita África. Embeleceu Leptis Magna, a súa cidade natal, con grandes obras públicas e edificios, mellorou a agricultura da zona e por vez primeira permitiu os africanos nas cohortes pretorianas. Volta a Roma no 204, prodúcese o asasinato de Plautiano no pazo imperial, ao parecer por Caracalla e en presenza do emperador, grande inimigo da dona de Emperador, Xulia Domna, que a partir de entón, comeza a súa influencia na política romana. Ata entón, dedicárase á filosofía, rodeándose especialmente de sofistas e o seu máis grande colaborador foi Emilio Papiniano, o derradeiro grande xurista do período clásico.