Elvira Méndez de Faro, foi unha nobre galega do século XI, filla do conde Mendo Bermúdez de Faro e Aldara Gutérrez de Aranga. esquerda|miniatura|Vista actual da Torre de Hercules, antiga Torre medieval de Faro. Herdou do seu pai propiedades nas Terras de Faro, territorio equivalente aos actuais concellos da Coruña, Arteixo e Culleredo.
Da súa nai, filla do conde Guterre Rodríguez, Elvira herdou o castelo de Aranga e o seu couto xurisdicional.
Casou con Froila Bermúdez, da familia Froilaz-Traba, unindo o seu patrimonio territorial ao da liñaxe.
Do seu casamento naceron cinco fillos:
Gonzalo Froilaz (- -1112), bispo de Mondoñedo. Pedro Froilaz (1075-1128), conde de Galiza e Trastámara. Rodrigo Froilaz (- -1133), almirante de Galiza e señor de Trasancos. Visclávara Froilaz, monxa no mosteiro de Xuvia. Adosinda Froilaz.
Notas
Véxase tamén Bibliografía López Sangil, Jose Luis - A Nobreza altomedieval galega. A familia Froilaz-Traba. Toxosoutos. 2005
Categoría:Casa de Traba Categoría:Historia medieval de Galicia Categoría:Nobres de Galicia do século XI