Non confundir con saxícola.
miniatura|240px|Femia de chasco no Panxab, India.
Saxicola (do latín: saxum, 'rocha' + icola, 'habitante de'.) é un xénero de aves paseriformes que comprende os chascos ou chascas, que consta de 15 especies que viven no Vello Mundo. En Galicia é sedentario e abundante o chasco europeo (Saxicola rubicola, antes clasificado como S. torquata), e é un visitante menos común o chasco do norte (Saxicola rubetra). Son pequenos paxaros insectívoros que aparecen en áreas de matogueira aberta e praderías con arbustos espallados. Antes estaban clasificados na familia dos túrdidos, pero actualmente considéranse muscicápidos.
Especies
As seguintes 15 especies son actualmente aceptadas en Saxicola: Saxicola caprata Saxicola dacotiae, endémico das illas Canarias Saxicola ferreus Saxicola gutturalis Saxicola insignis Saxicola jerdoni Saxicola leucurus Saxicola macrorhynchu Saxicola maurus Saxicola rubetra, é o chasco do norte, presente na avifauna galega como ave estival e de paso pouco común. Saxicola rubicola, é o chasco europeo (ás veces, simplemente, chasco), sedentario e abondoso en Galicia (antes formaba parte da superespecie S. torquata ou S. torquatus) Saxicola sibilla, de Madagascar Saxicola stejnegeri Saxicola tectes, da illa de Réunion Saxicola torquatus, antes era unha superespecie na que estaban incluídas poboacións europeas hoxe clasificadas como S. rubicola, pero hoxe só comprende poboacións africanas. Tamén se chamou S. torquata por incorrección no uso do latín.
Especies antes incluídas no xénero Saxicola, pero hoxe tratadas nun xénero separado son: Saxicola bifasciatus, hoxe Campicoloides bifasciatus. Saxicola splendens, hoxe Malurus splendens.
Taxonomía
O xénero foi creado polo naturalista alemán Johann Matthäus Bechstein en 1802. Como especie tipo foi despois designado o chasco europeo. O nome Saxicola procede do latín saxum, 'rocha' e incola, 'que vive en'. O nome común chasco é onomatopeico, polo son que fan.
O xénero foi anteriormente incluído na familia Turdidae, pero foi despois reclasificado e colocado dentro da familia Muscicapidae, na cal os xéneros máis emparentados con el son Oenanthe (pedreiros) e Campicoloides.
As evidencias xenéticas e de comportamento fixeron que nos últimos anos se aceptasen novas especies no xénero, e o cambio máis notable foi a subdivisión da ampla "especie" (unha superespecie ou complexo de especies) chamada Saxicola torquatus, en cinco especies separadas; un cambio hoxe amplamente aceptado, aínda que non unanimemente. Isto afectou ás poboacións europeas do antigo S. torquatus que agora se chaman S. rubicola (o chasco europeo actual), mentres que hoxe se reserva a denominación S. torquatus só ás poboacións africanas. Os datos das secuencias do ADNmt do xene do citocromo b e datos do perfil do ADNn, confirmaron que o chasco de Fuerteventura (hoxe S. dacortiae) e o da illa de Réunion (hoxe S. tectes) eran especies distintas, pero que ademais as poboacións do continente africano (hoxe S. torquatus) , as de Madagascar (hoxe S. sibilla), e as europeas (hoxe S. rubetra) eran cada unha unha especie distinta, así como as asiáticas siberianas (hoxe S. maurus) e os chascos de Stejneger (hoxe S. stejnegeri).Urquhart, E., & Bowley, A. (2002). Stonechats. A Guide to the Genus Saxicola. Christopher Helm, London. . Debido á confusión da asignación das subespecies, o nome S. torquatus foi brevemente usado para a especie europea (hoxe S. rubicola), e o chasco africano foi incorrectamente denominado S. axillaris (hoxe S. torquatus).
Debido a un uso incorrecto da gramática latina, varias destas especies no pasado recibiron nomes con terminación feminina ("S. torquata, S. maura, S. leucura, S. ferrea" etc.), hoxe usadas en masculino.
Rexistro fósil Saxicola lambrechti (Mioceno tardío de Polgardi, Hungría) Saxicola baranensis (Plioceno de Beremend, Hungría) Saxicola parva (Plioceno de Csarnota, Hungría) Saxicola magna (Plioceno de Beremend, Hungría)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Muscicápidos