Publio Septimio Xeta (en latín ), nado en Roma o 7 de marzo de 189 e finado na mesma cidade o 26 de decembro de 221, foi un emperador romano.
Traxectoria
Fillo menor de Septimio Severo, gobernou apenas un ano xunto co seu irmán Caracalla. Durante as campañas orientais do seu pai foi nomeado césar e designado para gobernar o imperio xunto co seu irmán. Pouco antes da morte do seu pai foi nomeado augustus e asumiu a corexencia no 211 xunto con Caracalla.
De carácter máis afable que Caracalla, a finais dese mesmo ano é asasinado polo seu irmán no pazo imperial. As causas que o levaron á morte nunca foron explicadas. Para uns o problema era que o que quería era rachar o imperio en dúas partes, non sendo isto ben visto polo Senado; outros apuntan aos celos e ó carácter irascible de Caracalla ao ver medrar a popularidade do seu irmán. A que era moi coñecida en Roma era a gran rivalidade entre os dous irmáns e a menor intelixencia de Xeta.
Á súa morte, Caracalla fixo borrar as inscricións públicas e a súa lembranza dos monumentos (damnatio memoriae).
Véxase tamén
Outros artigos
Lista de emperadores romanos
Categoría:Finados en 211 Categoría:Nados en 189 Categoría:Nados en Milán Categoría:Emperadores romanos Categoría:Cónsules do Imperio romano