O Ararteko é o defensor do Pobo do País Vasco. É un alto comisionado do Parlamento Vasco para a defensa dos dereitos das persoas en relación coas actuacións e políticas públicas das administracións públicas da Comunidade Autónoma do País Vasco (Goberno Vasco, deputacións forais, concellos ou organismos públicos dependentes dalgunha desas administracións). Na actualidade, Manu Lezertua é o Ararteko no País Vasco.
En Navarra tamén se denomina en éuscaro Ararteko ao Defensor do Pobo da comunidade foral.Defensor del Pueblo de Navarra - Arartekoa
Lista de arartekos 1989-1995: Juan San Martín Ortiz de Zárate 1995-2000: Xabier Markiegi Candina 2000-2004: Mercedes Agúndez Basterra (en funcións) 2004-2014: Íñigo Lamarca Iturbe 2015: Julia Hernández Valles (en funcións) Dende 2015: Manuel Lezertua Rodríguez
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Valedorías Categoría:Política do País Vasco