Kajetán Matoušek, nado o 7 de agosto de 1910 en Praga (Austria-Hungría) e finado o 19 de outubro de 1994 tamén en Praga (República Checa), foi un eclesiástico católico latino checo, bispo auxiliar de Praga. Traxectoria Naceu o 7 de agosto de 1910 en Praga, e foi ordenado sacerdote o 22 de decembro de 1934. Por mor da cada vez maior situación de persecución do réxime checoslovaco contra a Igrexa católica,Unha descripción xeral do proceso estatal contra a Igrexa pode atoparse en foi nomeado bispo en segredo o 29 de agosto de 1949, auxiliar de Praga e titular de Serigene. A súa consagración episcopal tivo lugar o 17 de setembro do mesmo ano, de mans do bispo Antonín Eltschkne.

Foi dos poucos que puidereon exercer o seu ministerio, probablemente porque conseguiu manter a súa ordenación episcopal en segredo, evitando a cadea. Até 1989 exerceu como párroco en Praga, onde ordenou en segredo a varios sacerdotes, entre eles a Antonín Liška, consagrado bispo por el mesmo pouco despois.

O chamado consentimento do estado para exercer como bispo foille concedido durante a apertura que seguiu á Primavera de Praga, o 26 de xullo de 1968. Porén, a súa actividade pública como bispo durou pouco pola invasión soviética de agosto de 1968, xa que o permiso para exercer como bispo lle foi retirado en 1970. Dende ese momento, e até a súa morte, viviu e traballou na parroquia de Santo Adalberto de Praga.

O 19 de maio de 1988 lle foi permitido exercer novamente o seu ministerio episcopal. Renunciou ao cargo o 5 de xuño de 1992 e finou o 21 de outubro de 1994.

Obra

Notas

Categoría:Nados en 1910 Categoría:Nados en Praga Categoría:Finados en 1994 Categoría:Bispos católicos da República Checa Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Bispos da Igrexa católica latina