Miguel Morán del Val, nado en Brazuelo (León) cara a 1899, foi un mestre, xornalista e editor español.
Traxectoria Dirixiu en León a revista Vida Leonesa (1923-1925). Editou unha Guía de Vigo en 1926.El Pueblo Gallego, 17-7-1926, p. 2. Dirixiu a revista Azul en Vigo nos anos vinte. Foi mestre de Bejes (Cillorigo de Liébana) en 1930,La Voz de Liébana, 31-8-1930, p. 3. e de San Román de la Llanilla (Cantabria) en 1932.La enseñanza primaria en Cantabria. Dictadura de Primo de Rivera y Segunda República (1923-1936) / Ángel Llano Díaz. Foi secretario do Hogar Leonés de Santander en 1932.El Cantábrico, 5-2-1932, p. 7. En decembro de 1934 foi destinado como mestre á escola de nenos de Santander.La Voz de Cantabria, 5-12-1934, p. 8. Foi director da Escola Graduada de Santander. En 1937 foi xefe da sección de Bibliotecas e Museos e secretario da Junta de Incautación y Conservación del Tesoro Artístico Nacional. O goberno da República confioulle unha misión como Delegado da Junta Central del Tesoro Artístico na embaixada de España en París. Coa caída da República exiliouse en Francia.Solicitudes de refugiados españoles en Francia que desean emigrar a MexicoSolicitudes de refugiados españoles en Francia que desean emigrar a Mexico Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Profesores de España Categoría:Xornalistas de Castela e León Categoría:Exiliados do franquismo Categoría:Nados na provincia de León Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en ano descoñecido