A dos felininos (Felini) é unha das tribos en que moitos autores dividen a familia dos félidos (Felidae), que engloba a case todos os xéneros da famiia.
Hai dous grupos principais de felinos, os gatos con dentes de sabre, da extinta subfamilia dos macairodontinos (Machairodontinae) e os gatos con dentes cónicos. Estes úlimos divídense na subfamilia dos panterinos (Pantherinae), que inclúe aos grandes felinos do xénero Panthera e os leopardos nebulosos do xénero Neofelis, e a dos felinos (Felinae), que inclúe ao resto dos gatos, desde os máis pequenos, dos xéneros Felis e Prionailurus, até os máis grandes, dos xéneros Puma e Acinonyx.
Taxonomía Descrición A tribo foi descrita en 1817 polo anatomista, entomólogo e paleontólogo alemán, nacionalizado ruso Johann Fischer von Waldheim, en Mém. Soc. Imp. Nat. Moscow, 5: 372.Felidae en System der Lebewesen (Stefan Hintsche, 2013).
Etimoloxía O nome científico Felini está formado pola raíz Fel- do seu xénero tipo Felis, descrito por Linneo en 1758 na 10ª edición do seu Systema Naturae, e o sufixo -ini, empregado para construír o nome das tribos de animais.
Xéneros Acinonyx Brookes, 1828 Caracal Gray, 1843 Felis Linnaeus, 1758 Herpailurus Severtzov, 1858 Leptailurus Severtzov, 1858 Leopardus Gray, 1842 Lynx Kerr, 1792 Puma Jardine, 1834 Otocolobus Brandt, 1841 Prionailurus Severtzov, 1858
Consideracións taxonómicas Moitos autores consideran dúas tribos nos felinos, a aquí descrita e a dos pardofelinos (Pardofelini) Svertzov, 1818, que inclúe tan só os xéneros Pardofelis Severtzov, 1858 e Catopuma Severtzov, 1858). Porén algúns utilizan a subfamilia dos felinos sensu lato para todos os gatos con dentes cónicos, en cuxo caso a tribo dos Felini usaríase para os gatos pequenos, mentres que os gatos grandes son asignados a outra tribo, a dos panterinos (Pantherini). Outros usan Felinae só para os gatos pequenos (excluíndo os panterinos), en cuxo caso, Felini sería un sinónimo de felinos sensu stricto.
Por outra parte, a maioría dos autores non consideran o xénero Herpailurus, descrito en 1858 por Nikolai Severtzov e que moitos autores consideran un sinónimo de Puma Jardine, 1834,Herpailurus Severtzov, 1858 no GBIF. pero "resucitado" en 2017 polo grupo de expertos da UICN, que é monoespecifico, xa que comprende unha soa especie, Herpailurus yagouaroundi (o xaguarundi), que a mairoría dos autores clasifican dentro do xénero Puma, como Puma yagouaroundi.Puma yagouaroundi (É. Geoffroy Saint-Hilaire, 1803) no ITIS.Puma yagouaroundi É. Geoffory Saint-Hilaire, 1803 no MSW.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Kingdom, Jonathan (2004): The Kingdon Pocket Guide to African Mammals. Princeton, New Jersey, USA: Princeton University Press. ISBN 978-0-6911-2239-7. Kingdon, Jonathan & M. Hoffmann (eds.) (2015): The Kingdon Field Guide to African Mammals. Volume V: Carnivores, Pangolins, Equids and Rhinoceroses. Second Edition. Londres: Bloomsbury Publishing. Bloomsbury Natural History. ISBN 978-1-4729-1236-7. Walker, E. (1975): Mammals of the World. 2 Vols. Sixth edition. Baltimore e Londres: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
Outros artigos Félidos Felinos
Ligazóns externas Felidae en System der Lebewesen (Stefan Hintsche, 2013).
Categoría:Felinos