A caída da casa Usher (en ; tamén coñecido como The Fall of the House of Usher e The Mysterious House of Usher) é un filme estadounidense de 1960 dirixido por Roger Corman. O guión foi escrito por Richard Matheson a partir da historia curta "The Fall of the House of Usher" de Edgar Allan Poe. Foi o primeiro dos oito filmes de Corman baseados en obras de Poe, e está protagonizado por Vincent Price, Myrna Fahey, Mark Damon e Harry Ellerbe. No ano 2005, foi clasificado polo National Film Registry por ser "cultural, histórico ou esteticamente significativo".
Estreouse en galego o 5 de outubro de 1996 a través da TVG.La Voz de Galicia, 5 de outubro de 1996. Páx. 71
Personaxes Vincent Price como Roderick Usher Mark Damon como Philip Winthrop Myrna Fahey como Madeline Usher Harry Ellerbe como Bristol
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ficha en AllMovie
Categoría:Filmes de 1960 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Roger Corman Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1960 con versión en galego