miniatura|240px|Prionailurus bengalensis da illa de Tsushima, no zoo de Fukuoka, Xapón. miniatura|240px|Prionailurus bengalensis no zoo de Berlín.

Prionailurus bengalensis é unha especie de mamífero carnívoro da familia dos félidos, subfamilia dos felinos, unha das cinco que integran o xénero Prionailurus.

E o gato asiático máis amplamente distribuído. A súa área de dispersión esténde desde a rexión do Amur, no extremo oriente de Rusia até as illas de Indonesia, abarcando a península de Corea, China, Indochina, o subcontinente indio, e desde o oeste, do norte de Paquistán até as illas Filipinas polo leste.

Encóntrase en áreas utilizadas para a agricultura, pero prefire hábitats boscosos. Vive nas selvas tropicais de árbores perennifolias e en plantacións a nivel do mar, en bosques caducifolios subtropicais e bosques de coníferas no sopé da cordilleira do Himalaia a alturas superiores aos 1 000 msnm.

Características É aproximadamente do tamaño dun gato doméstico (duns 60 cm de lonxitude), pero máis delgado e coas patas máis longas. A súa pequena cabeza está marcada con dúas raias escuras prominentes que van desde os ollos até as orellas, raias brancas pequenas que van desde os ollos até o nariz. A parte posterior das súas moderadamente longas e arredonadas orellas son de cor negra con manchas brancas centrais. O tronco e as extremidades están marcadas con puntos negros de diferente tamaño e cor, e ao longo do lombo corren de dúas a catro fileiras de manchas alongadas. A cola é aproximadamente da metade do tamaño da lonxitude cabeza-tronco e está salpicada po algúns aneis de cor negra. A coloración xeral do corpo é parda alaranxada co peito e ventre branco. A súa dieta comprende mamíferos medianos e pequenos, aves, réptiles e peixes. É de hábitos nocturnos, manténdose activo desde o solpor até o amanecer, aínda que non é raro velo durante o día. Nada con gran axilidade.

Dimensións Lonxitude de cabeza e tronco, de 45 a 65 cm; lonxitude da cola, de 20 a 30 cm. Peso de 1,6 a 8 kg.Leopard cat. Prionailurus bengalensis en Cat Spcialist Group.

Lonxevidade Contra os 13 anos.

Camada De 2 a 3 cachorros.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1792 polo médico e naturalista escocés en Linnaeus, Anim. Kingdom, 1: 151, baixo o nome de Felis bengalensis.

Reclasificación Foi reclasificado en 1858 dentro do xénero Prionailurus polo explorador e naturalista ruso Nikolai Severtzov, que describiu este novo xénero.Prionailurus bengalensis en MSW.

Etimoloxía O epíteto específico, bengalensis, débese a que o espécime tipo procedía de Bengala, India.

Subespecies Na actualidade recoñécense dentro da especie as seguintes subespecies:

Prionailurus bengalensis (Kerr, 1792) Prionailurus bengalensis bengalensis (Kerr, 1792) Prionailurus bengalensis alleni Sody, 1949 Prionailurus bengalensis borneoensis Brongersma, 1936 Prionailurus bengalensis chinensis (Gray, 1837) Prionailurus bengalensis euptilurus (Elliot, 1871) Prionailurus bengalensis heaneyi Groves, 1997 Prionailurus bengalensis horsfieldii (Gray, 1842) Prionailurus bengalensis javanensis (Desmarest, 1816) Prionailurus bengalensis rabori Groves, 1997 Prionailurus bengalensis sumatranus (Horsfield, 1821) Prionailurus bengalensis trevelyani Pocock, 1939

Aínda que algúns autores engaden unha máis: Prionailurus bengalensis iriomotensis, que vive exclusivamente na pequena illa de Iriomote, nas illas Ryukyu (Xapón), que a maoiria recoñece como especie independente, Prionailurus iriomotensis Imaizumi, 1967. E, para outros, sería un Prionailurus incertae sedis.Prionailurus Severtzov, 1858 no ITIS.

Status A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualifica o status da especie como LC (pouco preocupante), debido a que é unha especie mmoi estendida e relativamente común,Nowell, K. and Jackson, P. (1996): Wild Cats. Status Survey and Conservation Action Plan. Gland, Switzerland and Cambridge, UK: IUCN/SSC Cat Specialist Group. ISBN 2-8317-0045-0.Sunquist, Melvin E. & Sunquist, Fiona (2002): Wild Cats of the World. Chicago and London: University of Chicago Press. ISBN 978-0-2267-7999-7. aínda que a subespecie da illa Iriomonte, P. b. iriomotensis, avalíase por separado na súa Lista vermella porque a súa poboación é moi pequena e esta illada.Ross, J., Brodie, J., Cheyne, S., Hearn, A., Izawa, M., Loken, B., Lynam, A., McCarthy, J., Mukherjee, S., Phan, C., Rasphone, A. & Wilting, A. (2015): Prionailurus bengalensis na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 5 de decembro de 2018.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Jackson, Peter & Adrienne Farrell Jackson (1996): Les félins, toutes les espèces du monde: París / Lausanne: Delachaux et Niestlé. La bibliothèque du naturaliste. ISBN 2-603-01019-0. Kingdom, Jonathan (2004): The Kingdon Pocket Guide to African Mammals. Princeton, New Jersey, USA: Princeton University Press. ISBN 978-0-6911-2239-7. Kingdon, Jonathan & M. Hoffmann (eds.) (2015): The Kingdon Field Guide to African Mammals. Volume V: Carnivores, Pangolins, Equids and Rhinoceroses. Second Edition. Londres: Bloomsbury Publishing. Bloomsbury Natural History. ISBN 978-1-4729-1236-7. Marion, Rémy; Catherine Marion, Géraldine Véron, Julie Delfour, Cécile Callou & Andy Jennings (2005): Larousse des Félins. París: Larousse. ISBN 2-03-560453-2. VV.AA. (1986): Natura. Enciclopedia de los animales. Tomo II. Los primates. Los ungulados. Barcelona: Ediciones Orbis, S.A. ISBN 84-7634-752-9. Walker, E. (1975): Mammals of the World. 2 Vols. Sixth edition. Baltimore e Londres: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.

Outros artigos Carnívoros Félidos Felinos Prionailurus

Ligazóns externas Prionailurus bengalensis. Leopard cat na ADW. Leopard Cat. Prionailurus bengalensis (Kerr, 1792) na EOL. Prionailurus bengalensis. Leopard cat en ARKive. Leopard cat. Prionailurus bengalensis en Cat Spcialist Group . Prionailurus bengalensis na LEOPARD CAT FOUNDATION .

Categoría:Félidos Categoría:Mamíferos de Asia Categoría:Animais descritos en 1792