Twin Peaks é unha serie televisiva dirixida e producida por Mark Frost e David Lynch, interpretada por Kyle MacLachlan, Warren Frost, Everett McGill, Jack Nance e Ray Wise entre outros. Rodada en inglés, a serie consta de 48 episodios de entre 46 e 50 minutos cada un, distribuídos en tres temporadas. Gañadora de tres Globos de Ouro e outros seis premios, foi aclamada pola prensa e o público dende a súa estrea nos Estados Unidos de América, o 8 de abril de 1990, até o último capítulo da segunda temporada, emitido o 28 de xuño de 1991. En España emitiuse por primeira vez no ano 1991.
No ano 1992, David Lynch dirixiu o filme Twin Peaks: Fire Walk with Me, unha precuela de todo o que sucede na serie, centrandose na derradeira semana de vida de Laura Palmer.
O 6 de outubro de 2014, confirmouse que a serie voltará con nove novos capítulos, logo ampliados a dezaoito, a comezos de 2016 na canle Showtime. Todos os episodios serán escritos polos creadores David Lynch e Mark Frost, con Lynch como director.
Sinopse Esta serie amosa o transcurso dunha investigación do FBI dirixida polo Axente Especial Dale Cooper (Kyle MacLachlan) verbo do asasinato dunha moza de Twin Peaks, Laura Palmer. Outros personaxes relevantes son Leland Palmer, o pai da moza asasinada; o Shérif Harry S. Truman; o Doutor William Hayward e a súa filla, Donna Hayward; Benjamin Horne, o dono do Gran Hotel do Norte; o Grande Ed Hurley, dono da gasolineira; Margaret Lanterman, a muller do madeiro e Bob, un espírito malvado que actúa no nome da Casa Negra. Todos estes personaxes configuran unha trama policial e dramática con momentos dunha grandísima tensión.
Notas
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 1990 Categoría:Series de televisión finalizadas en 1991 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión da ABC