O voo 707 de Aerolíneas Argentinas era un servizo internacional de pasaxeiros entre Asunción e Buenos Aires, con escalas en Formosa, Corrientes e Rosario, operado cun Avro 748-105 Srs. 1, con rexistro LV-HGW, chamado Ciudad de Bahía Blanca, que se esnafrou o 4 de febreiro de 1970 preto da cidade de Loma Alta, na Arxentina.
Accidente Mentres se atopaba en ruta na terceira parte do seu percorrido entre o aeropuerto Doctor Fernando Piragine Niveyro e o aeroporto de Rosario-Illas Malvinas o avión voou cara a un cumulonimbus; os pilotos perderon o control do aparello despois de atoparse con fortes turbulencias e o avión esnafrouse contra o chan. Os 37 ocupantes do aparello, 33 pasaxeiros e 4 tripulantes, morreron no accidente.
Causa A perda de control do avión e a colisión co terreo debeuse a que o aparello que atopou cunha zona con condicións meteorolóxicas adversas e fortes turbulencias.
Notas
Aerolíneas Argentinas 0707 Aerolíneas Argentinas Aerolíneas Argentinas