Sabela Ramil Rivera, coñecida artisticamente como Sabela, nada en Bravos (Ourol) o 1 de outubro de 1993, é unha cantante e compositora galega que se fixo coñecida pola súa participación no concurso musical de televisión Operación Triunfo, no ano 2018. En canto á súa voz trátase dunha voz de música popular rasgada, que entraría dentro do rango de mezzosoprano.

Traxectoria A familia de Sabela naceu da parroquia de Bravos (Ourol), pero medrou nas Pontes. Formouse musicalmente dende cativa comezando clases de gaita e pandeireta con 6 anos e no conservatorio dende os 7 anos, no que estudou o grao profesional de clarinete. É graduada en Terapia Ocupacional pola universidade da Coruña e posteriormente cursou un mestrado en musicoterapia de 3 anos no Instituto de música, Arte e Proceso de Vitoria. Ademais, formouse en clases de canto impartidas por diferentes mestras como Rosa Cedrón ou Paula Rey (Serea Técnica Vocal), entre outras.

Os seus inicios artísticos foron co grupo pontés de música tradicional galega Muxarega do que comezou a formar parte con 16 anos. Tamén colaborou co acordeonista Andrés Penabad. Posteriormente formou o dúo Bahut, a canda o guitarrista Mateo Bruquetas co que realizaba actuacións en pequenos locais, vodas e preparaba o lanzamento dun disco antes da súa entrada en Operación Triunfo. Con Bahut lanzou varios temas en galego e castelán, Soa, Tacto de porcelana, Nacida para ser real e Terra vermella.

Operación Triunfo 2018 En 2018 foi seleccionada para participar na edición de 2018 do concurso de televisión Operación Triunfo. Tras ser nomeada para a expulsión, a súa traxectoria deu un xiro cando decidiu defender o seu nomeamento co tema "Benditas Feridas" de Rosa Cedrón. O tema inicialmente non se consideraba moi propicio, pero acabou por convertela nun referente de autenticidade para o xurado e o público.https://www.laopinioncoruna.es/coruna/2018/09/30/sabela-juega-gallego-operacion-triunfo/1333079.html Chegou á final e rematou en cuarto lugar.

Primeiro disco: Despedida O 15 de novembro de 2019 lanzou o seu primeiro sinxelo, "Despedida", composto por ela e producido polo portugués Diogo Piçarra. Nesta canción "despídese das letras e dos sons que ata agora foron seus e que comezan a voar cara a todas as persoas que queren acollelos". O videoclip foi dirixido e producido polo artista multidisciplinar galego David Catá.

O 29 de novembro dese ano viu a luz o seu primeiro disco, nacido entre Lisboa e Galicia, composto na Coruña e gravado no estudio HAUS en Lisboa. Contou coa colaboración de Luisa Sobral que compuxo un tema especificamente para ela, "Dame una señal". Tamén Xoel López colaborou na composición do sinxelo "El Paso". O lanzamento foi seguido de firmas de discos en varias cidades españolas e estaba prevista unha xira de concertos que non se puido levar a cabo.

Segundo disco: Ceniza En marzo de 2023 Sabela lanzou un novo álbum Ceniza. Este disco traballo realizouse co propio selo da artista como produtora musical, xunto a Mateo Bruquetas e Diogo Piçarra.

Nel, Sabela explora a perda, a morte e a vida, a nostalxia e a esperanza. En palabras da artista galega: “Quería facer este disco porque mo debía a min mesma, a meu pai, á vida e á perda, protagonista desta última etapa. Se hai algunha mensaxe clara dentro do disco é que, a pesar das perdas, os desencontros co mundo e con nós mesmos, a vida sempre renace. E faino, non só de xeito natural, senón cando se toma a decisión de facelo. Non hai nada máis importante que poder decidir vivir”.

O son de “Ceniza” é máis maduro, vendo a Sabela recoller os froitos da exploración coa fusión da electrónica e o pop, chegando a rozar a fusión do jazz e o hip hop, xunto a Mateo Bruquetas, Diogo Piçarra ou Luis del Toro, entre outros.

Discografía Álbums

AnoTítuloSelo discográfico2019Sabela Ramil: Sus canciones Data publicación: 25/1/2019Universal Music Spain2019Despedida Data publicación: 29/11/2019Universal Music Spain2023Ceniza Data publicación: 03/03/2023Autoeditado

Sinxelos AnoTítulo Selo discográfico Videoclip2019Despedida Data publicación: 15/11/2019Universal Music Spain Produtora: ? Dirección: David Catá2019El Paso Data publicación: 29/11/2019Universal Music Spain Produtora: MBC Serv. Audiovisuales Dirección: David Catá2022Ya no me quiero ir Data publicación: 25/03/2022 Autoeditado Produtora: Tivuron y Sabelamusic Dirección: Silvia Grav e Isapel Padilla 2022 Peligro de Extinción Data publicación: 27/05/2022 AutoeditadoProdutora: Tivuron y Sabelamusic Dirección: Silvia Grav e Isabel Padilla2022 Cidade Desexo Data publicación: 29/07/2022 Autoeditado -2023No sé lo que sientesData publicación: 27/01/2023Autoeditado -2023Mucho Love Data publicación: 14/02/2023AutoeditadoProdutora: Sabelamusic Dirección: Sabela Ramil Rivera2023La Piedra Focus Track "Ceniza" Data publicación: 03/03/2023AutoeditadoProdutora: Sabelamusic Dirección: Deirdre Canle

Xiras

Conxuntas

2019: OT 2018 en concierto 2022-2023: Ceniza Tour

Filmografía e galardóns

Programas de televisión +AnoProgramaCadeaFunciónDatos2018-2019Operación Triunfo TVEConcursante Cuarta Finalista2019La mejor canción jamás cantadaTVECantante2019Luar (17/05/2019)TVGArtista Invitada2019Gala Fin de AnoTVGPresentadora2019Land Rober Tunai Show (13/06/2019)TVGInvitada2019«Toni Rovira y Tú»25tvInvitada2020Luar (28/09/2020)TVGArtista Invitada

Programas de radio +AnoProgramaCadeaFunciónDatos2020Galicia por Diante Radio GalegaConductora Sección Un verán con Sabela

Galardóns +AnoGalardónCategoríaResultado2019aRitmarMellor Canción Galicia Primeiro premio

Vida persoal Graduouse en terapia ocupacional. Traballaba nunha organización non gobernamental de saúde mental e na inserción sociolaboral de persoas con discapacidades intelectuais.

Notas

Categoría:Cantantes de Galicia Categoría:Nados nas Pontes de García Rodríguez Categoría:Nados en 1993 Categoría:Concursantes de Operación Triunfo Categoría:Cantantes en lingua castelá Categoría:Cantantes en lingua galega