P.O.D. (Payable On Death) é unha banda de rapcore e nu metal de San Diego (California). A música de P.O.D. está influenciada polo metal alternativo, o rap e o reggae. A banda está composta polo vocalista Sonny Sandoval, o batería Wuv Bernardo, o guitarrista Marcos Curiel e o baixista Traa Daniels. A súa fe cristiá é unha parte importante na súa música.

A banda leva editados sete álbums de estudio e vendeu ao redor dos 10 millóns de discos en todo o mundo. Tamén ten recibido tres nomeacións aos premios Grammy e contribuíu con temas en varias bandas sonoras de películas. Co seu terceiro álbum, The Fundamental Elements of Southtown, acadaron o éxito entre o grande público e o traballo foi certificado platino no ano 2000. O seu seguinte disco, Satellite, continuou o éxito do grupo grazas aos sinxelos "Alive" e "Youth of the Nation", facendo que o traballo fose certificado triplo platino.

Membros Membros actuais Sonny Sandoval- Vocalista (1992-); Marcos Curiel - Guitarra (1992-2003, 2006-); Noah Wuv Bernardo - Batería (1992-); Mark Traa Daniels - Baixo (1994-).

Antigos membros Jason Truby - Guitarra (2003-2006); Gabe Portillo - Baixo (1992-1994).

Discografía Snuff The Punk - 1994 Brown - 1996 LIVE at Tomfest - 1997 The Warriors EP - 1998 The Fundamental Elements Of Southtown - 1999 Limited Edition Bonus EP* (non é considerado álbum) - 1999 Satellite - 2001 Payable On Death (disco) -2003 The Warriors EP Vol. 2 - 2005 Testify - 2006 Greatest Hits - The Atlantic Years - 2006 When Angels & Serpents Dance - 2008 Murdered Love - (2012) SoCal Sessions - (2014)

Categoría:Grupos musicais de nu metal Categoría:Grupos musicais de metal alternativo Categoría:Grupos musicais de rap metal Categoría:Grupos musicais de San Diego Categoría:Grupos musicais formados en 1992 Categoría:Grupos musicais de metal cristián