Calamidade Jane (en ) é un filme estadounidense de 1953 vagamente baseado na vida da heroína do Vello Oeste Calamity Jane e explora o suposto romance entre Calamity Jane e Wild Bill Hickok na fronteira estadounidense. Está protagonizado por Doris Day no papel de Calamity Jane e Howard Keel como Hickok. Foi lanzado por Warner Brothers en resposta do éxito que tivo Annie Get Your Gun.

Gañou o Oscar á mellor canción orixinal ("Secret Love", Sammy Fain e Paul Francis Webster) e tamén foi nomeado á mellor banda sonora e ó mellor son e gravación (William A. Mueller). As cancións e o guión foron a base dun musical teatral homónimo que tivo gran número de producións.

Estreouse en galego o 7 de febreiro de 1987 a través da TVG.La Voz de Galicia, 7 de febreiro de 1987. Páx. 55

Personaxes Doris Day como Calamity Jane Howard Keel como Wild Bill Hickok Allyn Ann McLerie como Katie Brown Philip Carey como Tenente Daniel Gilmartin Dick Wesson como Francis Fryer Paul Harvey como Henry Miller Chubby Johnson como Rattlesnake Gale Robbins como Adelaid Adams Francis McDonald como Hank Monte Montague como Pete Bess Flowers como muller do oficial Tom London como Prospector (sen acreditar)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1953 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por David Butler Categoría:Filmes gañadores do Óscar á mellor canción orixinal Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de 1953 con versión en galego