O voo 9268 de Metrojet era un servizo chárter internacional de pasaxeiros, operado pola aeroliña rusa Kogalymavia (comercializada como Metrojet). O día 31 de outubro de 2015 á 06:13 EST (04:13 UTC), o Airbus A321-231 que operaba a ruta quedou esnaquizado por unha bomba na península do Sinaí despois de saír do aeroporto de Sharm El Sheikh, Exipto, en ruta cara ao aeroporto de Pulkovo, San Petersburgo. Os 224 pasaxeiros e tripulantes a bordo morreron. A causa do accidente foi probablemente un dispositivo explosivo a bordo como concluíron os investigadores rusos.
Das 224 persoas a bordo do avión, a meirande parte delas turistas, había 212 rusos, catro ucraínos e un bielorruso. Tamén había 7 tripulantes no avión. A crenza dos investigadores da posibilidade de que unha bomba fose posta no avión no aeroporto de Sharm El Sheikh fixo que varios países suspendesen os voos cara ese aeroporto. Con 224 vítimas mortais, o voo 9268 e o accidente con máis mortos tanto da historia da aviación rusa como dentro do territorio exipcio. Tamén é o peor accidente dun Airbus A321, da familia A320 e do ano 2015.
Pouco despois do accidente, a rama do Sinaí do Estado Islámico, anteriormente coñecida como Ansar Bait al-Maqdis, reclamou a autoría do incidente, que ocorreu preto de onde se atopa a insurxencia do Sinaí. O ISIS reclamou a autoría en Twitter, nun vídeo, e nunhas declaracións de Abu Osama al-Masri, o líder dos grupos da rama do Sinaí. O ISIS publicou fotos do que dixo era a bomba en Dabiq, a súa revista en liña.
O 4 de novembro de 2015, autoridades británicas e estadounidenses sospeitaron que unha bomba fora a responsable do accidente. O 8 de novembro un membro anónimo do equipo de investigación exipcio dixo que os investigadores estaban un "90% seguros" de que avión caíra por unha bomba. O principal investigador Ayman al-Muqaddam dixo que outras posibles causas eran un estoupido de combustible, fatiga do metal, e baterías de litio sobrequentadas. O Servizo de Seguridade Federal ruso anunciou o 17 de novembro que estaba seguro de que fora un ataque terrorista causado por unha bomba improvisada que contiña , o equivalente de ata 1 kg de TNT que foi detonada durante o voo. Os rusos dixeron que atoparan residuos de explosivos como proba. O 24 de febreiro de 2016 o presidente exipcio Abdel Fattah el-Sisi recoñeceu que o terrorismo causara o accidente.
Notas
Metrojet 9268 Metrojet Metrojet