Pronolagus é un xénero de mamíferos da orde dos lagomorfos, familia dos lepóridos.
Inclúe tres especies de lebres, segundo a maioría dos autores, distribuídas polo sur de África e coñecidas vulgarmente como lebres das rochas, debido a os terreos rochosos nos que habitan.
Estas especies posúen trazos físicos e comportamentais anteriores aos doutras lebres desde o punto de vista evolutivo, e a miúdo son consideradas como coellos.
Características Algunhas características dos animais deste xénero son a falta dun óso interparietal nos adultos, un espazo no mesopterigoide que é máis estreito que a lonxitud mínima do padal duro, as orellas curtas (entre os 63 e os 106 mm) e a falta dunha raia na mandíbula.Robinson, T. J. (1982): "Key to the South African Leporidae (Mammalia: Lagomorpha)". South African Journal of Zoology. 17 (4): 220–222.
Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1904 polo zoólogo estadounidense Marcus Ward Lyon,Pronolagus Lyon, 1904 en MSW.Pronolagus Lyon, 1904 no ITIS en Smithsonian Miscellaneous Collection, 45: 416.Lyon, Jr., Marcus Ward (1903) . "Classification of the Hares and their Allies". Smithsonian Miscellaneous Collections. 45 (1456): 416–420.
Etimoloxía O termo Pronolagus está formado polos elementos do latín científico prono- e -lagus. O primeiro deriva da preposición pro 'diante de' (ralacionada co prefixo do grego antigo πρό- ou πρo- pró- ou pro-, de πρό 'diante', 'adiante', diante de'). E o segundo, do substantivo grego λαγός lagós, 'lebre'. Literalmente 'as primeiras lebres'.
Especies A maioría dos autores recoñecen no xénero as seguintes tres especies: Pronolagus crassicaudatus (I. Geoffroy 1832) Pronolagus radensis Jameson 1907 Pronolagus rupestris (A. Smith 1834)
Porén, na Encyclopedia of Life consideran dúas máis:Pronolagus Lyon 1904 na EOL. Pronolagus caucinus Thomas 1929 Pronolagus ruddi Thomas & Schwann 1905
Por outra parte, os expertos da UICN recoñecen unha cuarta, Pronolagus saundersiae, incluída como subespecie de Pronolagus rupestris en Mammal Species of the World.Hoffmann, R. S. & Smith, A. T. (2005): "Order Lagomorpha". En: D. E. Wilson & D. M. Reeder (eds), Mammal Species of the World, pp. 185-211.
Historia taxonómica As especies deste xénero foron previamente clasificadas no xénero Lepus, por Gray,Gray, J. E. (1867): "Notes on the Skulls of Hares (Leporidæ) and Picas (Lagomyidæ) in the British Museum". Annals and Magazine of Natural History. 3rd ser. 20 (117): 223. ou no Oryctolagus, por Forsynth Major.Forsyth Major, C. I. (1899): "On Fossil and Recent Lagomorpha". Transactions of the Linnean Society of London. 2nd Series: Zoology. 7 (9): 514.
O xénero Pronolagus foi proposto por Marcus Ward Lyon en 1904, baseándose nun esqueleto de Lepus crassicaudatus I. Geoffroy, 1832. Máis tarde, Lyon recoñeceu o traballo de Oldfield Thomas e Harold Schwann, que argumentaron que un espécime en particular pertencía a unha especie que denominaron Pronolagus ruddi Thomas & Schwann 1905;Thomas, Oldfield & Schwann, Harold (1905): "The Rudd Exploration of South Africa.——III. List of the Mammals obtained by Mr. Grant in Zululand". Proceedings of the Zoological Society of London (1): 272–275. e escribiu que a especie tipo do xénero "debería ser Pronolagus crassicaudatus Lyon (non I. Geoffroy) = Pronolagus ruddi Thomas & Schwann".Lyon, Jr., Marcus W. (1906): "Type of the Genus Pronolagus". Proceedings of the Biological Society of Washington. 19: 95.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Kingdon, J. (2015): The Kingdon Field Guide to African Mammals. 2nd ed. London: Bloomsbury Publishing. ISBN 978-1-4729-2531-2. (Capítulo: Rock-Hares Pronolagus, pp. 304–306). Kowalski, K. (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9. Walker, E. (1975): Mammals of the World. 2 Vols. Sixth edition. Baltimore, Maryland, USA e Londres Reino Unido: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
Outros artigos Lagomorfos Lepóridos
Ligazóns externas Pronolagus. Rockhares na ADW. Pronolagus Lyon 1904 na EOL.
Categoría:Lagomorfos