thumb|Vista do centro histórico
A Cidade Vella de Cracovia é o histórico distrito central de Cracovia, Polonia.Ingrid Gustafson, Let's Go: Eastern Europe Published by Macmillan, page 444. Let's Go Publications, 2008. hoxe é un dos máis famosos barrios antigos en Polonia e foi o centro da vida política de Polonia desde 1038 ata que o rei Sexismundo III de Polonia trasladou a súa corte a Varsovia en 1596.
Todo o casco histórico medieval está entre os primeiros sitios elixidos como Patrimonio Mundial da Humanidade da UNESCO, inscrito como "Centro Histórico de Cracovia".Properties inscribed on the World Heritage list, Poland. UNESCO World Heritage Centre. Last updated: 3 de setembro de 20102nd session of the Committee UNESCO World Heritage Committee. Washington, D.C. 5–8 de setembro de 1978. O casco histórico tamén é un dos Monumentos históricos (Pomnik historii) de Polonia.
O casco antigo é coñecido en polaco como Stare Miasto. Forma parte do primeiro distrito administrativo da cidade que tamén se denomina "Stare Miasto", aínda que abarca unha área máis ampla que a propia Cidade Vella.
A Cracovia medieval estaba rodeada por un muro defensivo de 3 km. con 46 torres e sete entradas principais que atravesaban a mesma. As fortificacións arredor do casco antigo foron erixidas ao longo de dous séculos. O actual plan arquitectónico da Stare Miasto, a cidade mercantil do século XIII, elaborouse en 1257 despois da destrución da cidade durante as invasións mongois de 1241, seguido polos ataques de 1259 e repelido en 1287.Andrew Beattie, Landmark Publishing, Tim Pepper, Stare Miasto, the Old Town, Krakow Published by Hunter Publishing O distrito conta coa Rynek Główny, ou a Praza Maior, a maior praza de cidade medieval de calquera cidade europea.Rick Steves' Europe Through the Back Door. Supplementary:"the biggest square in medieval Europe." Hai unha serie de monumentos históricos na súa veciñanza, como A Basílica de María (Kościół Mariacki), a Igrexa de San Wojciech ("San Adalberto"), a Igrexa de Santa Bárbara, así como outros tesouros nacionais. No centro da praza, rodeada por casas en fila e residencias nobres, o complexo Sukiennice (que aloxa mercado de telas e tallas, outras tendas diversas e restaurantes, pero tamén o Museo nacional de arte de Cracovia). Está flanqueado pola Torre do Concello (Wieża ratuszowa).
Todo o distrito está atravesado pola Rúa Real, a ruta de coroación atravesada polos Reis de Polonia. A Ruta comeza na Igrexa de San Florian fóra do costado norte das antigas murallas da cidade no suburbio de Kleparz; pasa a Barbacana de Cracovia (Barbakan) construída en 1499 e entra a Stare Miasto a través da Porta de Florian. Leva cara a abaixo a rúa Floriańska pola praza principal, e cara a Grodzka cara a Wawel, o antigo asento da realeza polaca con vistas ao río Vístula.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Satellite photograph of the Old Town from Google Maps Kraków Old Town from Krakow-Poland.com
Categoría:Patrimonio da Humanidade en Polonia Categoría:Cracovia Categoría:Distritos históricos