O voo 266 de Bangkok Airways era un servizo regular doméstico de pasaxeiros dende o aeroporto de Krabi ata o aeroporto de Samui, en Tailandia. O día 4 de agosto de 2009 o ATR 72-212A que operaba a ruta saíuse da pista na aterraxe e esnafrouse contra unha vella torre de control baleira. Un dos pilotos morreu e 41 persoas resultaron feridas.
Avión O aparello implicado era un ATR 72-212A, con rexistro HS-PGL e número de serie 670. O avión voara por primeiro vez o 6 de xuño de 2001 co rexistro francés F-WWER. Entrou en servizo con Bangkok Airways o 16 de xullo dese ano. O 29 de maio de 2006 entrou en servizo con Siem Reap Airways International, volvendo a Bangkok Airways o 7 de xaneiro de 2009, despois de que Siem Reap Airways International cesasra as súas operacións. O avión fora bautizado co nome Pha Ngan e tiña unhas 20 000 horas de voo.
Accidente O avión esvarou fóra da pista e chocou contra unha vella torre de control que era usada como estación de bombeiros. O accidente ocorreu ao redor das 14:15 hora local (07:15 UTC). O piloto morreu, mentres que o copiloto, que estivo atrapado no avión durante máis de dúas horas, estivo entre os últimos en ser evacuado do avión. Catro pasaxeiros sufriron traumatismos graves: dous británicos, un italiano e un suízo. Un total de 34 persoas resultaron feridas.
A fuselaxe do avión pasou varios anos en estradas en distintas partes de Samui antes de ser afundido en outubro de 2013 como parte do Proxecto de arrecife artificial Majcha Air Samui.
Notas
Bangkok Airways 0266 Bangkok Airways Bangkok Airways