Luís Cancela Vecino, nado en Vilanova de Santiso (Malpica de Bergantiños) en 1947 e finado en Carballo o 17 de maio de 2022, foi un mestre e político galego do BNG.La Voz de Galicia, 30-1-2010, p. L18

Traxectoria Foi o menor de sete irmáns. Aos 10 anos enviárono ao Seminario Menor de Santiago de Compostela. Despois pasou ao Seminario Maior onde rematou os estudos de Teoloxía. Deixou o Seminario e fixo a carreira de Historia. Profesor do IES Monte Neme de Carballo, do que tamén foi director. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura de Unidade Galega á alcaldía de Malpica de Bergantiños, obtivo maioría absoluta e foi elixido alcalde. Nas municipais de 1983 presentouse como cabeza de lista polo BNG e volveu ser elixido alcalde por maioría absoluta, ó igual que nas municipais de 1987. Nas municipais de 1991 revalidou a alcaldía sen maioría absouta. En xullo dese último ano cando presentou a dimisión.La Voz de Galicia, 12-7-1991, p. 22 Foi substituído de xeito provisional por Ricardo Seixo Fernández. Foi condenado por prevaricación pola Audiencia Provincial en 2001 a sete anos de inhabilitación especial por un delito de prevaricación.La Audiencia inhabilita al ex-alcalde del BNG de Malpica y a sus siete concejales

Notas

Véxase tamén Outros artigos

Eleccións municipais en Malpica de Bergantiños

Ligazóns externas Luis Cancela, el profesor que iba para cura y echó tres mandatos de alcalde en Malpica en La Voz de Galicia

Categoría:Alcaldes de Malpica de Bergantiños Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia por UG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Malpica de Bergantiños Categoría:Nados en 1947 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes