A hipertricose, ou síndrome do lobishome, é unha doenza moi pouco frecuente, que salienta pola existencia dun exceso de peluxe en todo o corpo. As persoas que a padecen están cubertas completamente, fóra das palmas das mans e dos pés, por unha peluxe longa, que pode chegar até os 25 centímetros.

Orixe miniatura|esquerda|250px|O de Petrus Gonsalvus foi o caso de hipertricose máis antigo dos que se describiron en Europa. O lanugo é o cabelo esbrancuxado e fino, parecido á pelusa, que aparece nos acabados de nacer, e que desaparece nos primeiros meses de vida. Porén, nos que padecen esta doenza o lanugo continúa, e medra durante toda a súa vida.

Sábese que esta doenza se debe a unha mutación xenética, e a maioría das veces adquírese por herdanza familiar, polo que moitos membros dunha familia poden ter esta síndrome. A causa xenética da hipertricose varía segundo o seu tipo: Se é hipertricose universal conxénita, é autosómico dominante, pero cando é hipertricose xeneralizada conxénita é autosómico dominante ou recesivo e ligado ó cromosoma X.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas The Hairy Family of Burma

Categoría:Doenzas raras