Narciso Nores Salgado, finado en Córdoba (Arxentina) o 2 de maio de 1947Faro de Vigo, 10-5-1947, p. 2., foi un empresario e político galego.

Traxectoria Emigrante na Arxentina. Foi elixido alcalde de Marín en 1920. Permaneceu no cargo até 1922. En 1926, durante a ditadura de Primo de Rivera, como testamenteiro do benfeitor de Marín Narciso Orelo, doou un edificio no Campo da Feria (actual Parque Eguren) e unha terreo en Chan do Monte para asentar a Congregación da Misión de San Vicente Paúl e crear un colexio, o colexio San Narciso. Ao rematar a ditadura volveu ser nomeado alcalde de Marín en 1930.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Colexio San Narciso Alcaldes de Marín

Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Alcaldes de Marín Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Finados en 1947