Cuba (oficialmente República de Cuba) é un país situado no arquipélago e illa do mesmo nome, localizada no norte do mar Caribe. A nación de Cuba abrangue a illa homónima, a Illa da Juventud, e varios arquipélagos. A súa capital e meirande cidade é A Habana. A segunda maior cidade é Santiago de Cuba... Limita cos EUA polo norte, coas Bahamas e Turks e Caicos polo nordeste, con México polo oeste, coas Illas Caimán e Xamaica polo sur, e con Haití e República Dominicana polo sueste. É o único país socialista da rexión e do hemisferio occidental.
A illa de Cuba estivo habitada por varias tribos mesoamericanas antes da chegada do explorador Cristovo Colón en 1492, quen reclamou a terra para o Reino de España. Cuba permaneceu como colonia de España ata a guerra hispano-estadounidense de 1898. Posteriormente foi administrada polos Estados Unidos ata que obtivo a independencia en 1902. A fráxil república enfrontouse á radicalización política e a problemas sociais, e malia os esforzos de sustentar un sistema democrático, Cuba caeu baixo a ditadura militar de Fulgencio Batista en 1952.. O crecemento do malestar e da inestabilidade deron paso ó derrocamento de Batista en xaneiro de 1959 polo Movemento do 26 de xullo, que estableceu un goberno socialista liderado por Fidel Castro. Dende 1965 o país estivo gobernado polo Partido Comunista como un estado unipartidista.
Cuba é a meirande illa do Caribe, e cunha poboación de 11 millóns de habitantes, é a segunda illa máis poboada despois da Española. É un país multiétnico en que o seu pobo, cultura e costumes teñen diversas orixes. Estas inclúen os aborixes taínos e ciboney, o longo período de colonialismo español e a introdución de escravos procedentes de África, máis tarde a chegada de emigrantes procedentes de Asia (sur da China, o Xapón e Filipinas). A estreita relación coa Unión Soviética durante a guerra fría e a proximidade xeográfica cos Estados Unidos tamén exercen unha importante influencia sobre o país.
Cuba ten unha alta clasificación nos indicadores de saúde e educación, cun elevado Índice de Desenvolvemento Humano de 0.783 no 2019. Segundo os datos das Nacións Unidas, Cuba foi a única nación do mundo que conseguiu no 2006 a definición que o Fondo Mundial para a Natureza fai do desenvolvemento sustentábel, cunha pegada ecolóxica de menos de 1,8 hectáreas per cápita (no 2006 de 1,5 hectáreas), e cun IDH de máis de 0.855.
Etimoloxía O nome de Cuba vén da lingua taína. O significado exacto do nome é incerto, pero podería traducirse como "onde a terra fértil é abondosa" (cubao),The Dictionary of the Taino Language (plate 8) Alfred Carrada ou 'gran lugar' (coabana).Dictionary – Taino indigenous peoples of the Caribbean Dictionary -- Quen cren que Cristovo Colón era de orixe portuguesa din que Cuba foi nomeada por Colón a partir da vila de Cuba, no distrito de Beja en Portugal.Augusto Mascarenhas Barreto: O Português. Cristóvão Colombo Agente Secreto do Rei Dom João II. Ed. Referendo, Lissabon 1988. English: The Portuguese Columbus: secret agent of King John II, Palgrave Macmillan, ISBN 0-333-56315-8da Silva, Manuel L. and Silvia Jorge da Silva. (2008). Christopher Columbus was Portuguese, Express Printing, Fall River, MA. 396pp. ISBN 978-1-60702-824-6.
Historia
Prehistoria miniatura|esquerda|Debuxo dunha taína, pobo tamén coñecido como arauaco. Cuba estivo habitado polos pobos amerindios dos taínos (tamén chamados arauacos polos españois), os guanajatabey e os ciboney, antes da chegada dos conquistadores. Os devanceiros deses pobos nativos migraron dende as terras do continente americano séculos antes. Os nativos taínos chamaban á illa Caobana. Os taínos eran agricultores, mentres que os ciboney eran tamén pescadores e cazadores-recolledores.
Colonización e dominio español (1492–1898)
Despois de chegar por primeira á terra do Novo Mundo na illa entón chamada Guanahani, Bahamas o 12 de outubro de 1492, (gives the landing date in Cuba as October 27) La Pinta, La Niña e a Santa María, as primeiras naves europeas comandadas por Cristovo Colón, toman terra na costa nordeste de Cuba, preto do que hoxe é Bariay, na provincia de Holguín, o 28 de outubro de 1492. (gives the landing date in Cuba as October 28) Colón reclamou a illa para o Reino de España e chamouna Isla Juana por Xoán, Príncipe de Asturias.
miniatura|dereita|Diego Velázquez de Cuéllar, conquistador de Cuba En 1511, Diego Velázquez de Cuéllar fundou o primeiro asentamento español en Baracoa. Axiña, outras vilas serían fundadas, incluída a daquela San Cristóbal de la Habana, en 1515. Os taínos traballaban baixo o sistema da encomenda, similar ao sistema feudal da Idade Media europea. Nun século a poboación indíxena foi practicamente exterminada por mor de factores como as enfermidades infecciosas de Eurasia (agravadas pola carencia de defensas naturais) ou as privacións derivadas da subxugación colonial. En 1529 un gromo de xarampón acabou con dous terzos da poboación nativa que sobrevivira á varíola.J. N. Hays (2005). "Epidemics and pandemics: their impacts on human history". p.82. ISBN 1-85109-658-2
O 1 de setembro de 1548, Dr. Gonzalo Perez de Angulo foi nomeado gobernador de Cuba. Chegou a Santiago, Cuba o 4 de novembro de 1549 e inmediatamente declarou a liberdade de tódolos nativos.. Converteuse no primeiro gobernador permanente que residiu na Habana no canto de Santiago e construíu a primeira igrexa da cidade.. Despois de que os franceses tomasen a Habana en 1555, o fillo do gobernador, Francisco de Angulo, marchou a México..
A poboación en 1817 era de 630.980, dos cales 291.021 eran brancos, 115.691 eran homes libres (mestizos), e 224.268 eran escravos negros.. Na década de 1820, cando o resto do Imperio Español da América Latina se rebelara e formara estados independentes, Cuba permaneceu leal.
miniatura|esquerda|Escravos en Cuba descargando xeo de Maine, c. 1832 Durante o 'boom do azucre' déronse varias revoltas e rebelións da poboación escrava. Destacou a rebelión de Aponte de 1812 contra o comercio atlántico de persoas. A independencia de España foi o motivo para unha rebelión en 1868 liderada por Carlos Manuel de Céspedes, un agricultor de cana de azucre. Este ceibou os seus escravos para que loitasen canda el por unha Cuba libre. O 27 de decembro de 1868 emitiu un decreto no que aboliu a escravitude baixo a condición de que os escravos liberados se presentasen ó servizo militar. A rebelión de 1868 deu lugar a un longo conflito coñecido como Guerra dos Dez Anos. Dous mil chineses de Cuba uníronse ós rebeldes. Hai un monumento na Habana en memoria ós chineses caídos na guerra.
Os EUA non recoñeceron o goberno cubano, malia que moitas nacións europeas e de América Latina si o fixeron. En 1878 o Pacto de Zanjón rematou co conflito con España, que prometeu máis autonomía para Cuba. En 1879–1880 o patriota cubano Calixto García tentou comezar outra contenda, coñecida como "Guerra Chiquita", pero recibiu pouco apoio. A abolición da escravitude en Cuba comezou no final do século XIX e completouse na década de 1880.
miniatura|dereita|Carlos Manuel de Céspedes, coñecido como o Pai da Patria en Cuba, declarou a independencia da nación en 1868 José Martí, un disidente exiliado, fundou o Partido Revolucionario Cubano en Nova York en 1892 co obxectivo de acadar a independencia cubana de España. En xaneiro de 1895, Martí viaxou a Montecristi e Santo Domingo para unir os seus esforzos cos de Máximo Gómez. Martí rexistrou as súas ideas políticas no Manifesto de Montecristi. A loita contra o exército español comezou en Cuba o 24 de febreiro de 1895, pero Martí non foi quen de chegar a Cuba ata o 11 de abril de 1895. Martí morreu na batalla de "Dos Ríos" o 19 de maio de 1895. A súa morte inmortalizouno como un heroe nacional do país.
Uns 200.000 soldados españois superaban un exército rebelde menos numeroso pero que confiaba nas tácticas da loita de guerrillas e da sabotaxe. O xeneral Valeriano Weyler, gobernador militar de Cuba, conduciu a poboación rural ó que el chamaba reconcentrados, e que os observadores internacionais describiron como "vilas fortificadas". Eses reconcentrados están considerados como o prototipo dos campos de concentración do século XX. Entre 200.000 e 400.000 cubanos morreron de inanición e enfermidades nos campos, números verificados pola Cruz Vermella e polo Senador dos Estados Unidos e antigo Secretario de Guerra Redfield Proctor. As protestas americanas e europeas contra a conduta española.
A nave estadounidense Maine foi enviada para protexer os intereses dos Estados Unidos, pero estoupou de súpeto e afundiu moi axiña, acabando con tres cuartos da tripulación. A causa do afundimento permanece descoñecido a pesar da comisión de investigación, pero a opinión popular americana, alimentada pola prensa, considera que os españois foron os responsables. Por mor do incidente, os Estados Unidos e España declaráronse a guerra en abril.
Ó longo das décadas seguinte, catro presidentes dos Estados Unidos, Polk, Buchanan, Grant, e McKinley, tentaron mercarlle a illa a España..
Revolución e goberno do Partido Comunista (1959-presente) A República de Cuba é actualmente o único estado socialista de América. No 1959, Fidel Castro liderou unha revolución contra o ditador Fulgencio Batista e dous anos máis tarde instaurou un réxime de orientación marxista e partido único. Entre o 17 e o 21 de abril do 1961, preto de 1500 exiliados cubanos recrutados, patrocinados e adestrados pola CIA dos Estados Unidos tentaron unha frustrada Invasión de Baía de Cochinos.
Goberno e política
Divisións administrativas Cuba está dividida en 15 provincias con 169 concellos, alén dun concello especial (a Illa da Xuventude). Ficheiro:CubaSubdivisions.png Pinar del Río Artemisa Cidade da Habana Mayabeque Matanzas Cienfuegos Villa Clara Sancti Spíritus<li>Ciego de Ávila <li>Camagüey <li>Las Tunas <li>Granma <li>Holguín <li>Santiago de Cuba <li>Guantánamo <li> Isla de la Juventud (Illa da Xuventude)
Na súa historia Cuba tivo diferentes estruturas político-administrativas. Así, durante os anos de colonia, dividiuse en tres departamentos: Oriente, Camagüey, Las Villas e Occidente. Coa Constitución de 1901 estableceuse unha nova estrutura de seis provincias: Pinar del Río, A Habana, Matanzas, Las Villas, Camagüey e Oriente. A partir de 1976, a teor da aprobación da Constitución de 1976, e en correspondencia co crecemento da poboación, as migracións internas e as novas esixencias económicas do país; a Asemblea Nacional do Poder Popular adoptou a división actual.
Xeografía
Cuba é un arquipélago constituído pola maior illa das Antillas chamada Cuba, a Illa da Xuventude (anteriormente chamada Illa dos Piñeiros), e outros 4.195 cayos, illotes e illas adxacentes. Está situada no mar das Antillas (ou mar Caribe), preto da costa dos Estados Unidos e México. Os seus límites son ao norte co Estreito da Florida, ao leste co Paso dos Ventos, ao sur co mar Caribe e ao oeste co golfo de México.
A súa superficie é de 110.922 quilómetros cadrados.
Clima En Cuba as temperaturas son xeralmente altas. Os valores medios anuais varían dende os 24 °C nas chairas até 26 °C nas costas orientais, con magnitudes inferiores aos 20 °C. nas partes máis altas da Serra Maestra.
A tempada de novembro a abril é menos calorosa, tratándose do seu inverno, mentres que a temporada entre os meses de maio a outubro é a máis calorosa, é o seu verán. As temperaturas máximas e mínimas absolutas rexistradas son de 38,8 graos Celsius (Jucarito, Granma, o 17 de abril de 1999) e 0,6 graos Celsius (Bainoa, 18 de febreiro de 1996). Como é típico nos climas tropicais, a variación diaria da temperatura é maior que a anual.