Perdix hodgsoniae, coñecida vulgarmente como perdiz tibetana, é unha especie de ave da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos perdicinos, unha das tres que integran o xénero Perdix.

Características Esta especie é un pouco diferente en aparencia ás outras do xénero Perdix, P. perdix e P. dauurica. Ten dezaseis plumas na cola, mentres que a maioría das outras perdices teñen dezaoito. Nin os machos nin as femias teñeen esporóns nas patas.

Estudos filoxenéticos sitúan a especie como basal dentro do xénero.

As características principais desta ave son:Rasmussen, P. C. & Anderton, J. C. (2005): Birds of South Asia: The Ripley Guide. Volume 2. Smithsonian National Museum of Natural History (Washington D.C.), Michigan State University e Lynx Edicions (Barcelona). ISBN 978-84-9655-385-9.

Mide de 28 a 31 cm de lonxitude. A plumaxe do dorso é de cor parda clara, salferida por plumas avermellados e negras; os flancos son apardazados, como os das outras perdices, e presentan anchas franxas paralelas de cor castaña; o ventre, claro, mostra unha "mancha" escura, case negra (menos macada nas femias. A cabeza ten un patrón rechamante branco e negro no rosto, o que contrasta co pescozo arrubiado. A fronte, a ancha lista superciliar, a cara e a garganta son de cor branca. Unha ampla liña negra percorre a cara por debaixo dos ollos, e pesenta unha ancha franxa castaña detrás do pescozo; as plumas da cola son de cor castaña, coa punta branca. As femias son similares ao macho en tamaño, pero a súa coloración é máis pálida. Os inmaturos son dunha cor apardazada monótona, e carecen das marcas faciais e a parte inferior distintiva dos adultos.

Bioloxía Hábitat e distribución Hábitat A perdiz tibetana encóntrase nas ladeiras das montañas e prados de altura con algúns arbustos (rododendros, xenebreiros ananos ou outras especies propias das matogueiras, polo xeral entre os 3 600 e o 4 250 msnm. A pesar do seu aspecto rechamante, a cabeza e o patrón do peito lle subministran unha perfecta camuflaxe ("plumaxe críptica") no seu hábitat rochoso.

Distribución miniatura|240px|Perdiz tibetana na neve. A especie habita na meseta tibetana, no norte de Paquistán, en Caxemira, no noroeste da India, en partes do norte do Nepal, Sikkim e Bután, e no oeste da China.BirdLife International (2016): Perdix hodgsoniae na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 17 de xaneiro de 2019.

(Véxase máis abaixo a distribución detallada de cada unha das subespecies).

Costumes Perdix hodgsoniae é unha especie terrestre non migratoria, pero descende ás chairas baixas en inverno, e pode ascender até a liña de neve en verán. Forma bandadas de 10 a 15 aves fóra da temporada de reprodución, na que forman parellas. Tenden a correr en lugar de voar. Cando se lles molesta o suficiente, como a maioría das aves silvestres que voan a pouca distancia coas súas non moi grandes ás arredondadas, a bandada dispérsase ruidosamente en todas as direccións antes de planar costa abaixoo para volver a reagrupárense.

ANa zona de Lhasa estas perdices parecen preferir correntes de auga bordeadas de matogueira e, en inverno, prefirem pendentes e campos abertos. En ocasións descansan baixo arbustos durante o día, e baixo matogueiras densas en costras elevadas pola noite.

Nutrición Aliméntanse fundamentalmente de sementes, pero os xuvenís prefiren en particular os insectos, que son para eles unha fonte esencial de proteínas.

Reprodución En verán —que comeza a mediados de marzo—, estas perdices emparéllanse formando unións monógamas. Os niños son simples depresións do terreo forrados de herbas ou, en ocasións, carentes de calquera revestimento, e sitúanse nomalmente en mesetas rochosas espidas, ou con poucos arbustos e feixes de herba grosa, en pequenas matogueiras espiñentas atrofiadas, ou mesmo en zonas de cultivos. A posta típica é de 8 a 10 ovos, que son de cor marrón pálida, e son incubados pola femia entre maio e xuño. O macho, despor de nacern os pitos, axuda no seu coidado e alimentación, como ocorre noutras perdices.

Vocalizacións A súa chamada habitual escóitase principalmente polas mañás como un tintineante «scherrrrreck-scherrrrreck», a a chamada de voo é un agudo «chi-chi-chi».

Taxonomía Descrición miniatura|240px|Ilustración que acompaña á súa descrición (1856). A especie foi descrita en 1857 polo Brian Houghton Hodgson,Perdix hodgsoniae (Hodgson, 1857) no ITIS. baixo o nome de Sacfa hodgsoniae.Tibetan Partridge / Perdix hodgsoniae en DiBird.

Etimoloxías Para a do xénero, vexase Perdix.

O epiteto específico hodgsoniae deriva do nome inicial da especie, Sacfa hodgsoniae, que Hodgson mdenominou así para rememorar á súa primeira esposa, Anne Scott Hodgson.

O nome do xénero original proposto por Hodgson baseouse no nome tibetano da ave, Sakpha.

Subespecies Na especie recoñécense as seguintes tres subespecies, que se diferencian na plumaxe, que é cada vez máis escura canto máis ao leste se atopan:

Predix hodgsoniae (Hodgson, 1857) Perdix hodgsoniae caraganae Meinertzhagen & A. Meinertzhagen, 1926 Perdix hodgsoniae hodgsoniae (Hodgson, 1857) Perdix hodgsoniae sifanica Prjevalsky, 1876

Distribución e diferenzas das subespecies P. h. caraganae atópase no noroeste da India, até o Tíbet oriental. O colar da caluga é estreito e de cor parda amarelada pálida. P. h. hodgsoniae encóntrase no leste do Tíbet, o oeste do Nepal, e ao nordeste da India (Assam). O amplo colar na caluga é castaño escuro. A mancha negra da meixela esténdese por debaixo da garganta como un colar. P. h. sifanica habita no centro-oeste da China, até o Tíbet oriental e central, e o sur de Sichuan. É similar á subespecie nominal, pero a mancha negra da meixela é máis pequena.

Poboación O tamaño da poboación global non se cuantificou, pero si se informou que a especie é bastante común.Fuller, R. A.; Carroll, J. P. & McGowan, P. J. K. (2000): Partridges, Quails, Francolins, Snowcocks, Guineafowl, and Turkeys. Status Survey and Conservation Action Plan 2000–2004 . Gland, Switzerland and Cambridge, UK.: IUCN and World Pheasant Association. ISBN 2-8317-0538-X.

Status A perdiz tibetana parece ser común na súa extensa área de distribución, pero escasa na meseta tibetana. Segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) esta especie ten unha área de distribución extremadamente grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel segundo os criterios establecidos por esta entidade. A tendencia da poboación parece ser estábel. Aínda que o tamaño da poboación non se cuantificou, crese que non se aproxima ao limiar de vulnerábel (estímase a poboación en máis de 10 000 individuos maduros, cunha diminución continua estimada en menos do 10 % en dez anos (ou tres xeracións. Por estas razóns a UICN cualifica o status da especie como LC (pouco preocupante).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Fasiánidos Perdicinos Perdices Perdix

Ligazóns externas Perdix hodgsoniae na UICN . Perdix hodgsoniae na ADW . Perdix hodgsoniae (Hodgson 1856) na EOL . Gill, F; Donsker, D, eds. (2015). «Pheasants, partridges & francolins» IOC World Bird List (v.5.1) polo Congreso Ornitolóxico Internacional . Perdix hodgsoniae e a súa distribución en Avibase. Ficha do Proxecto Web da Árbore da vida . Perdix hodgsoniae (Hodgson, 1857) en Catalogue of Life . Ficha do Centro Nacional para a Información Biotecnolóxica . Vídeos, fotos e gravaciónes sonoras en Internet Bird Collection . Peterson, Alan P. «Perdix hodgsoniae en Galliformes» . Perdix hodgsoniae (Hodgson, 1856) e a súa distribución en Oiseaux.net . Perdix hodgsoniae (Hodgson, 1856) en xeno-canto.org

Categoría:Fasiánidos Categoría:Aves de Asia Categoría:Animais descritos en 1857