Se isto é un home, no orixinal Se questo è un uomo, é un libro de Primo Levi publicado en 1947.
Historia
Primo Levi escribiuna en 1946. A obra foi rexeitado por Einaudi, a aclamada e comunista casa editorial de Turín. Unha pequena editora, De Silva, lanzou o libro en novembro de 1947, nunha edición de 2000 exemplares. A pesar dunha crítica positiva escrita por Italo Calvino no periódico L'Unità, só se venderon 1500 copias. Levi tivo que agardar ata 1958 para que Einaudi reeditase o libro, nunha edición revisada e ampliada. Argumento
Primo Levi relata a súa vida e a dos seus compañeiros no campo de concentración de Auschwitz-Birkenau entre 1944 e 1945. Sometidos a fame, sede, frío, violencia, medo e falta de solidariedade, os prisioneiros habitaron un non-lugar onde as condicións para a vida humana quedaron suspendidas e no que sobrevivir resultaba practicamente imposible.
Tradución
En 2019 foi publicada en galego por Edicións Xerais en tradución de Xoán Manuel Garrido Vilariño. Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do libro en Xerais.
Categoría:Obras literarias de 1947 Categoría:Obras traducidas do italiano ao galego