miniatura|Os themata bizantinos de Asia Menor. O thema de Samos ( , théma Sámu) foi un thema (provincia civil-militar bizantina), localizado na beira oriental do mar Exeo. Foi establecido a finais do século IX como un dos tres themas navais (en grego ) que organizaban os barcos e tropas da mariña bizantina.
Orixes As datas de establecemento do thema son incertas, con diferentes autores propondo datas desde o século VII ao IX. Despois da división da mariña Karabisianoi a principio do século VIII, establecéronse frotas rexionais co thema naval de Cibyrrhaeota como o primeiro e máis importante. No século X, o emperador bizantino Constantino VII Porfiroxéneta rexistrou que "cando o Imperio foi dividido en themas", Samos foi a sede do "thema dos mariñeiros" (en ). O significado desta afirmación é incerto. O historiador Warren Treadgold interprétao como que Samos foi a sede da frota Karabisianoi até o seu final en c. 727. Outros, que era parte do sistema Karabisianoi e foi abolido con el ou seguido dalgún breve sucesor similar ao Cibyrrhaeotis. A existencia dun "strategos de Samos" no século VIII é testemuñada a través dun selo sobrevivente dun strategos chamado Teodoro.
A finais do século VIII, o sur do Exeo parece caer baixo a xurisdición do "drungario do Dodecaneso"Dodekanesos era usado en época bizantina para referirse ás Cícladas, non ao territorio hoxe chamado Dodecaneso. a quen algúns académicos (seguindo o criterio de Hélène Ahrweiler) identifican co cargo de "drungarios de Cos" e o subseguinte "drungarios do Golfo (Kolpos)" do Taktikon Uspensky de mediados do século IX. O cargo, ou polo menos a parte oriental do seu territorio, aparentemente evolucionou ao thema de Samos.
Historia O thema de Samos, co seu strategos, é documentado por primeira vez por Filoteo no seu Kletorologion de 899. Incluía as illas orientais do Exeo, así como a costa occidental de Asia Menor entre Adramitio e Éfeso (tamén chamado Theologos nesa época). A capital do thema era Smyrna, con turmarkhai subordinados (vicealmirantes) en Adramitio e Éfeso.
En 911, as forzas do thema naval de Samos sumaban 3.980 remeiros e 600 infantes de mariña nunha frota de 22 navíos. A porción terrestre do thema, aínda así, é tamén explicitamente mencionada como parte do thema tracesiano, que tiña un turmarkhes específico a cargo da defensa costeira. Isto, xunto coa ausencia de oficiais civís nos documentos parece indicar unha división de tarefas: o strategos de Samos e os seus oficiais eran responsábeis dos barcos e tripulacións da frota do thema así como de defender as illas, mentres a costa, coas súas cidades e poboación, quedaban baixo o control do strategos tracesiano e os seus oficiais, que asumían o control dos seus impostos e defensa. Samos parece ter así unha función puramente militar até o século XI tardío, cando a súa frota foi disolta e o thema reconvertido nun thema regular cos seus propios funcionarios civís.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Themata do Imperio Bizantino