Jennifer Marie Capriati, nada en Wesley Chapel (Florida) o 29 de marzo de 1976 é unha ex xogadora de tenis estadounidense.

Traxectoria Jennifer aprendeu a xogar ao tenis moi pequena, xa que o seu pai Stephano lle deu as primeiras clases. Cando era máis nova foi adestrada por Chris Evert. Converteuse en profesional o 5 de marzo de 1990, aos trece anos de idade, co seu debut no WTA Tour de Boca Raton. Converteuse na xogadora profesional máis nova que xogou unha final, con trece anos e once meses. No seu camiño derrotou catro xogadoras cabeza de serie, entre elas a número 10 do mundo, Helena Suková.

O 9 de abril de 1990 debutou na clasificación da WTA no posto vinte e cinco. Ese mesmo ano converteuse na sefinalista máis nova en Roland Garros, con 14 anos e 2 meses, perdendo ante Monica Seles. Isto colocouna entre as vinte primeiras da WTA.

No torneo de Wimbledon dese ano, converteuse na muller máis nova de todas as cabezas de serie, sendo a número 12. Capriati gañou o seu primeiro título en Porto Rico, derrotando a Zina Garrison na final e converténdose na cuarta xogadora máis nova que gañou un título. Isto permitiuna entrar no top 10 do mundo, a máis nova en logralo, con 14 anos e 235 días. Ese mesmo ano, xogou coa número un Steffi Graf un partido de tres sets e acabou a temporada como número 8 do mundo.

En 1991 alcanzou a súa segunda semifinal de Grand Slam de forma consecutiva con 15 anos e 95 días, converténdose na semifinalista máis nova de Wimbledon derrotando a Martina Navratilova nos cuartos de final. Venceu a número un do mundo Monica Seles ese ano e tamén defendeu o campionato contra Gabriela Sabatini no Aberto dos Estados Unidos. En 1992 chegou a tres cuartos de final do Grand Slam. Gañou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1992 en Barcelona, derrotando a Steffi Graf no partido pola medalla de ouro.

Despois dalgunhas derrotas decepcionantes en 1993, Jennifer Capriati tomou un descanso das competicións para concentrarse na súa educación universitaria, e despois viuse envolta nunha serie de problemas persoais e legais. Descuberta roubando nunha tenda en decembro de 1993, Capriati foi arrestada tamén por posesión de marihuana en maio de 1994. Volveu ás competicións de tenis en novembro dese ano, mais xogou só un partido, que perdeu para de novo deixar de xogar durante quince meses. Descendeu do top 10 en xaneiro de 1994 e non xogou no WTA tour en 1995.

Volveu ás competicións en 1996, e aínda que tivo un comezo dubitativo, gañou o título individual de Luxemburgo o 25 de setembro de 2000.

En 2001 comezou un regreso con éxito, gañando o Aberto de Australia e Roland Garros e defendeu con éxito o ano seguinte o título australiano. Perdeu o seu primeiro partido de defensa do Aberto de Australia. Non obstante, gañou o título individual en New Haven, Connecticut o 18 de agosto do mesmo ano, culminando o ano no top 10 a WTA por sexta vez.

En 2003 tiña 14 títulos individuais gañados e un dobre xunto a Monica Seles, obtido en 1991 no Aberto de Italia. Foi número un en varias ocasións en 2001 e 2002. En xaneiro de 2004 retirouse do Aberto de Australia debido a un problema no seu lombo. En agosto, viuse forzada a abandonar o equipo de tenis dos Estados Unidos para os Xogos Olímpicos por unha lesión nun tendón e foi substituída por Lisa Raymond. En setembro, no Aberto dos Estados Unidos, foi derrotada unha vez máis.

O 15 de abril de 2012, foi incluída no Salón da Fama do Tenis como recoñecemento á súa carreira deportiva.

Torneos do Grand Slam (3) Individuais Títulos (3) Ano |width="175"|TorneoOpoñente na final |width="150"|Resultado 2001 Aberto de Australia Martina Hingis 6-4, 6-3 2001 Roland Garros Kim Clijsters 1-6, 6-4, 12-10 2002 Aberto de Australia Martina Hingis 4-6, 7-6(7), 6-2

Títulos WTA (15; 14+1) Individuales (14) Lenda Grand Slam (3) WTA Tour Championships (0) Xogos Olímpicos (1) Tier I (2) Tier II (4) Tier III (3) Tier IV & V (1)

N.º Data Torneo Superficie Opoñente na final Resultado 1. 22 de outubro de 1990 San Xoán Dura Zina Garrison 5-7, 6-4, 6-2 2. 29 de xullo de 1991 San Diego Dura Monica Seles 4-6, 6-1, 7-6(2) 3. 5 de agosto de 1991 Toronto Dura Katerina Maleeva 6-2, 6-3 4. 27 de xullo de 1992 Xogos Olímpicos | Terra batida | Steffi Graf | 3-6, 6-3, 6-4 |- bgcolor="#ccccff" | 5. | 24 de agosto de 1992 | San Diego | Dura | Conchita Martínez | 6-3, 6-2 |- bgcolor="#ccccff" | 6. | 11 de xaneiro de 1993 | Sídney | Dura | Anke Huber | 6-1, 6-4 |- bgcolor="#CCFFCC" | 7. | 17 de maio de 1999 | Estrasburgo | Terra batida | Elena Likhovtseva | 6-1, 6-3 |- bgcolor="#CCFFCC" | 8. | 1 de novembro de 1999 | Quebec | Dura | Chanda Rubin | 4-6, 6-1, 6-2 |- bgcolor="#CCFFCC" | 9. | 25 de setembro de 2000 | Luxemburgo | Dura | Magdalena Maleeva | 4-6, 6-1, 6-4 |- bgcolor="#FFFF99" | 10. | 15 de xaneiro de 2001 | Aberto de Australia| Dura | Martina Hingis | 6-4, 6-3 |- bgcolor="#ffcccc" | 11. | 16 de abril de 2001 | Charleston | Terra batida | Martina Hingis | 6-0, 4-6, 6-4 |- bgcolor="#FFFF99" | 12. | 28 de maio de 2001 | Roland Garros Terra batida Kim Clijsters 1-6, 6-4, 12-10 13. 14 de xaneiro de 2002 ''' Aberto de Australia Dura Martina Hingis 4-6, 7-6(7), 6-2 14. 18 de agosto de 2003 New Haven Dura Lindsay Davenport 6-2, 4-0, ret

Finalista (17) # DataTorneo Superficie Opoñente na final Resultado 1. 11 de marzo de 1990 Boca Raton Dura Gabriela Sabatini 4-6, 5-7 2. 8 de abril de 1990 Charleston Terra batida Martina Navrátilová 2-6, 4-6 3. 17 de novembro de 1991 Filadelfia Dura Monica Seles 5-7, 1-6 4. 22 de agosto de 1993 Toronto Dura Steffi Graf 1-6, 6-0, 3-6 5. 3 de novembro de 1996 Chicago Dura Jana Novotná 4-6, 6-3, 1-6 6. 12 de xaneiro de 1997 Sydney Dura Martina Hingis 1-6, 7-5, 1-6 7. 5 de novembro de 2000 Québec City Dura (i) Chanda Rubin 4-6, 2-6 8. 25 de febreiro de 2001 Oklahoma City Dura (i) Monica Seles 3-6, 7-5, 2-6 9. 1 de abril de 2001 Miami Dura Venus Williams 6-4, 1-6, 6-7(4) 10. 13 de maio de 2001 Berlín Terra batida Amélie Mauresmo 4-6, 6-2, 3-6 11. 19 de agosto de 2001 Montreal Dura Serena Williams 1-6, 7-6(7), 3-6 12. 3 de marzo de 2002 Scottsdale Dura Serena Williams 2-6, 6-4, 4-6 13. 1 de abril de 2002 Miami Dura Serena Williams 5-7, 6-7(4) 14. 18 de agosto de 2002 Montreal Dura Amélie Mauresmo 4-6, 1-6 15. 29 de marzo de 2003 Miami Dura Serena Williams 6-4, 4-6, 1-6 16. 27 de xullo de 2003 Stanford Dura Kim Clijsters 6-4, 4-6, 2-6 17. 16 de maio de 2004 Roma Terra batida Amélie Mauresmo 6-3, 3-6, 6-7(6)

Dobres (1) Lenda Grand Slam (0) WTA Tour Championships (0) Xogos Olímpicos (0) Tier I (12) Tier II (0) Tier III (0) Tier IV & V (0)

N.ºDataTorneoSuperficieParellaOpoñentes na finalResultado 1. 12 de maio de 1991 Roma Terra batida Monica Seles Nicole Bradtke Elna Reinach 7-5, 6-2

Finalista (1) N.ºDataTorneoSuperficieParellaOpoñentes na finalResultado 1. 21 de xuño de 2003 Eastbourne Herba Magüi Serna Lindsay Davenport Lisa Raymond 3-6, 2-6

Clasificación histórica nos Grand Slams Torneo 1990 1991 1992 1993 1994 1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 Career SR Aberto de AustraliaAAQFQFAAA1RA2RSFWW1RA 2 / 8 Roland GarrosSF4RQFQFAA1RAA4R1RWSF4RSF 1 / 11 Wimbledon4RSFQFQFAAAA2R2R4RSFQFQFQF 0 / 11 Aberto dos Estados Unidos4RSF3R1RAA1R1R1R4R4RSFQFSFSF 0 / 13Grand Slam SR0 / 30 / 30 / 40 / 40 / 00 / 00 / 20 / 20 / 20 / 40 / 42 / 41 / 40 / 40 / 3 3 / 43

A = Ausente, non participou no torneo

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial Fed Cup

Categoría:Nados en Wesley Chapel, Florida Categoría:Nados en 1976 Categoría:Medallistas olímpicos en tenis Categoría:Tenistas femininas dos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1992 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América Categoría:Tenistas nos Xogos Olímpicos de 1992 Categoría:Tenistas olímpicos dos Estados Unidos de América