Angst essen Seele auf é un filme de 1974 de Alemaña Occidental escrito e dirixido por Rainer Werner Fassbinder. Está protagonizado por Brigitte Mira e El Hedi ben Salem. O filme gañou o premio da International Federation of Film Critics polo mellor filme en competición e o Premio do Xurado Ecuménico no Festival de Cinema de Cannes de 1974. É considerado unha das obras máis poderosas de Fassbinder e considerado por parte da crítica como unha obra mestra.
O filme conta a historia de amor que xorde entre Emmi, unha muller alemá maior, e Ali, un traballador inmigrante marroquí na Alemaña despois da segunda guerra mundial.
Personaxes Brigitte Mira como Emmi Kurowski El Hedi ben Salem como Ali Barbara Valentin como Barbara Irm Hermann como Krista Rainer Werner Fassbinder como Eugen Karl Scheydt como Albert Kurowski Marquard Bohm como Gruber Walter Sedlmayr como Angermayer Doris Mattes como Mrs. Angermeyer (acreditada como Doris Mathes) Lilo Pempeit como Mrs. Münchmeyer Gusti Kreissl como Paula Margit Symo como Hedwig Elisabeth Bertram como Frieda Helga Ballhaus como Yolanda Elma Karlowa como Mrs. Kargus Anita Bucher como Mrs. Ellis Katharina Herberg como muller do bar
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie
Categoría:Filmes de 1974 Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes de Alemaña do Oeste Categoría:Filmes dirixidos por Rainer Werner Fassbinder Categoría:Filmes sobre racismo Categoría:Filmes sobre temas raciais